viernes, 8 de julio de 2011

Repoboacións con xeito

Vacas bravas na Curota
De novo teño que buscar exemplos noutras comunidades de montes veciñas á nosa, do que non se está facendo, ao meu entender, ben aquí. O monte de Santa Cruz de Lesón, igual que o noso foi practicamente devorado polo lume fai cinco anos, pero mentres alí tentan dedicalo a algo máis que producir pinos ou eucaliptos, observamos que decidiron collelos touros polos cornos e facer un monte máis vivo.

Aquí, dende esa data, salvo que plantaron pouco máis dunha ducia testemuñal de castiñeiros ou sobreiras, como xa dixen no seu día, plantáronse pinos alí onde naceron solos en piñas e agora, ao pasarlle o tractor coas cadeas, quedaron a medias os nados espontáneos cos que plantaron. Iso si que é pensar cos pes e non coa cabeza. O monte cumpre coñecelo algo mais que mirar para el.

Outro dato a ter en conta é a miña estrañeza na diferente forma de atualo Distrito e Medio Rural coas comunidades. Mentres aquí a Xunta Reitora non lle presenta actas ou certificacións onde os comuneiros aprobásemos algún plan, porque nin tan sequera levaron algún as asembleas, en Santa Cruz, a tenor do publicado, si que son os comuneiros os que primeiro aproban e logo actúan os directivos. Aquí comezan a casa polo tellado e logo se non nos gusta "desfaise". Presidente dixit.
A comunidade de montes veciñais de Santa Cruz de Lesón, na Pobra, levou a cabo a repoboación de 34 hectáreas no monte da Curota. Durante os meses de maio e xuño deste ano adecuáronse 22 hectáreas con árbores destinadas á produción de madeira para á súa posterior comercialización.

No 2010 se reforestaron 12 hectáreas con especies autóctonas, carballo e bidueiro, principalmente. Un total de 7.500 plantas distribuíronse entre varias zonas previamente preparadas. Estes exemplares mesturáronse con outros, como castaños, arces ou cerdeiras.

A finalidade de todos estes traballos é a rexeneración da Curota tras os labores de regulación de pastoreo e a dotación de infraestruturas de acceso e defensa para a loita contra o lume. Desde a comunidade de montes indícase que todas estas actuacións responden a un plan técnico de xestión que foi aprobado e rexistrado pola Administración.

A xunta directiva da entidade de comuneiros, coa aprobación da asemblea e asesorados pola empresa enxeñeira Novofor, está a potenciar a restauración do monte tras os importantes incendios do 2006. Desde o colectivo indícase que, nos últimos anos, observouse a continua degradación e envellecemento da masa forestal debido á ausencia de tratamentos silvícolas, así como polas repetidas agresións sufridas.

Financiamento

O financiamento destas actuacións ambientais realízase grazas á venda da madeira e ás axudas da Administración. Os propietarios do monte piden a colaboración dos visitantes e aluden aos perniciosos efectos que teñen os incendios sobre o terreo.
Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: