jueves, 4 de agosto de 2011

Buscan un fogar


Parece mentira que nos tempos que corren non haxa unha comunidade de montes que tendo peches gandeiros non se poidan facer cargo destes animaliños, que ao igual que os seus conxéneres sacáronlle moito traballo aos labradores, hasta que foron aparcados pola maquinaria ou simplemente se deixou de traballalas leiras. O gasto con eles seria mínimo e os beneficios todos. Dende logo na nosa antes de deber "favores", como se pretende, preferiría adoptalos.

Magoa que aínda non teña a miña parcela pechada porque aforraríanme moitos cartos e traballo. Se sei como remata o seu "calvario", comentareillo.
A Protectora de Animais e Plantas de Lugo busca un fogar para dous asnos que foron abandonados en Castroverde. Os animais foron bautizados como Ulises e Romeo polos veterinarios que lles atenderon nun primeiro momento.

A Sociedade Protectora encargouse de recollelos hai uns días tras recibir unha chamada do Concello de Castroverde pedindo os seus servizos para acoller a estes dous asnos, que foran atados na contorna do pobo e aos que presumiblemente abandonaran. Aínda que non entra dentro das súas competencias retirar este tipo de animais, os responsables da Protectora acudiron, segundo explicaron desde a sociedade.

Os animais foron trasladados ás dependencias do hospital veterinario universitario Rof Codina, onde lles fixeron un recoñecemento médico e os desparasitaron. Segundo informaron desde a Protectora lucense, ambos presentan unha boa saúde xeral e un carácter tranquilo, o que os fai bos candidatos para algunha casa rural ou algunha contorna similar.

Ulises ten uns 8 anos de idade e pelo castaño, mentres que Romeo ten uns 10 anos e pelame gris escuro. Polo momento, permanecen nas dependencias do hospital veterinario, pero poderán ser cedidos en adopción aos interesados a partir do próximo día 18.

Os que así o desexen poden pórse en contacto coa Protectora de Lugo a través dos teléfonos 600 548 848 ou 600 548 849.
Fonte: La Voz de Galicia

1 comentario:

Unknown dijo...

Vaia, pobres animais. Antes aínda llos regalaban a "persoeiros" estrafalarios como Camilo José Cela, ou a algún "nobre" da casa Real. Agora déixanos por aí tirados sen misericordia... Mais, que agardar dos humanos, que nos matamos e nos deixamos esquecidos entre nós mesmos!