viernes, 4 de noviembre de 2011

Fai cinco anos ben que calaron

Con certa sorpresa onte atopeime con esta nova:
O PSOE levará á Fiscalía o caso dunha pista ilegal en Chandebrito

O grupo socialista de Nigrán denunciará ante a Fiscalía de Medio a apertura dunha pista forestal en Chandebrito que arrasou árbores autóctonas e restos arqueolóxicos.

O portavoz municipal, Juan Antonio González, critica que esta actuación municipal está a levarse a cabo sen ningún proxecto aprobado e que tampouco conta coa autorización nin de Medio Ambiente, nin de Medio Rural nin de Patrimonio, a pesar de que se está empregando maquinaria achegada pola Deputación. Sinala que estes traballos levaron a cabo sen o consentimento da comunidade de montes de Chandebrito.

Tan só contou co beneplácito do presidente comunal de Camos, que a súa vez é dono dun serradoiro de madeira e pai dunha concelleira do goberno, «que foi quen recolleu e beneficiouse da destrución do bosque». Os socialistas reclamarán ademais á administración autonómica a paralización das obras.
Se pinchan neste enlace: «expropiación ilegal poderán comprobar o paralelismo existente entre esta denuncia do grupo socialista de Nigrán e a que fixen no seu día, logo de que se construíse ilegalmente esta pista que atravesa o agro a meu pai. Aberta sen o seu consentimento e sen haberlle aberto un proceso de expropiación.

Pista e agro de meu pai
É certo que na zona non había árbores autóctonas e coido que tampouco restos arqueolóxicos, aínda que si levaron por diante os marcos, a mais dos eucaliptos que nin llos levaron á casa como lle prometeron despois da desfeita, nin llos aboaron. Cinco anos despois, incomprensiblemente segue sen ter acceso ó agro.

Neste caso descoñezo se houbo algún proxecto ou se contou coas autorizacións de Medio Ambiente e Patrimonio. Por parte de Medio Rural si que houbo algo, porque como me informou no seu día o Xefe do IV Distrito, foi a propia Consellería a que a abriu.

Dende logo aquí tampouco houbo consentimento da comunidade de montes e só contou co beneplácito do presidente, aínda que neste caso non tivese serradoiro, pero si vínculos co responsable de Medio Rural. Non é normal que unha Consellería acometa unha obra deste tipo sen antes reclamala entrega de documentos, tales como acordos asemblearios e permiso dos propietarios.

Na foto de arriba, en verde, pódese ollar o primeiro tramo da mesma pista, pero neste sobre monte comunal, pero que tampouco foi aprobada a súa apertura nin pola comunidade, nin pola xunta reitora que desa aínda estaba sen conformar. En vermello, meténdose xa nas propiedades.

Esta é  a dobre vara de medir dos políticos e seguramente neste caso tamén teñan razón, pero daquela uns e outros «BNG e PSOE» calaron e miraron para outro lado, porque dende a Xunta ninguén lle dou explicación oficial á carta que con acuse de recibo lles enviaramos. O seu foi silencio administrativo e algo máis...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias por mantenernos informado sobre temas que afectan a la comunidad, porque si esperamos a que lo haga la directiva, vamos apañados. Ni antes, ni ahora que entraron dos mujeres, son quienes de dar cuenta de nada.
Por eso me decido a hacerte estas dos preguntas. ¿Cómo hay forma de saber quien permitió a Unión-Fenosa pasar una línea de alta tensión por nuestro monte desde A Perdigueira hasta Calo?
¿No tenía que ser aprobada, como en otras ocasiones, por la asamblea general?

Paco do Martelo dijo...

Graciñas pola súa achega, pero como comprendera agora non estou ao tanto destas cousas. Ás veces algúns vogais si que me conta algo, e doutras, decátome dando unha volta polo monte.
O camiño apropiado é dirixirse ao seu vogal da aldea, se o ten, ou no seu defecto preguntarlle directamente ós directivos. Algúns sábado déixanse caer polo local.
Esta no seu dereito a solicitar calquera información acompañada da documentación precisa.

Casía dijo...

¡Si supieras como nos dejaron aquí la sierra de Carondio! el hombre es el unico animal que conozco destruye hasta el aire que respira