Parece ser que neste seminario celebrado fai seis anos, decatáronse que os incendios son un síntoma dos conflitos sociais do rural [sic].
Galicia é unha das rexións, tanto de España como de Europa, que máis incendios forestais sofre ao longo do ano. A pesar do servizo profesional de loita contra incendios da Xunta de Galicia, o número de lumes incrementouse no últimos dez anos, aínda que se conseguiu manter baixo control a superficie de hectáreas queimadas nos últimos anos.Fonte orixinal: 12/12/2005 Ven os incendios como un síntoma dos conflitos sociais do rural
Segundo un estudo realizado polo Seminario Carlos Velasco de Pontevedra, os incendios forestais son un excelente índice dos conflitos sociais, económicos e culturais dunhas comunidades que até fai moi pouco tempo integraban, sen excesivas disonancias, un ecosistema natural no seu propio ecosistema social (a parroquia).
Cando esta sociedade transfórmase e non se atopan vías alternativas de xestión, os factores de risco socioeconómico de incendio comezan a actuar esperando, tan só, que se dean as condicións naturais apropiadas: seca, abundancia de matogueira, vento, etc.
Sumar esforzos
Ademais de construír os cortalumes, os puntos de auga e outras infraestruturas, é necesario xuntar todos os esforzos e comezar pola planificación forestal e ordenación do territorio a nivel local.
«É imprescindible que un recurso renovable como o forestal, que cando está ben xestionado resulta moi rendible, convertese nun elemento estratéxico clave para o desenvolvemento local sustentable», asegura o profesor Pérez Vilariño, director do seminario.
Para conseguilo é preciso trocar certas inercias e dotar ao sector de medios suficientes para que poidan pórse en práctica as potencialidades que posúe. Pero, para esta importante necesidade, a Comisión Europea só dedica o 1,25% dos fondos da Política Agraria Común ao espazo forestal que, pola contra, representa o 50% do territorio europeo, mentres que a actividade da gran maioría dos silvicultores, «auténticos protagonistas na prevención de incendios», non alcanza o limiar da viabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario