viernes, 9 de diciembre de 2011

Comunidad de Montes de Curro

Boas noites a tod@s. Para aquel@s que non me coñecedes, son Miguel Ángel Maquieira, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Curro, fai máis de 12 anos, polo que, con moitos e moitas de vos, xa coincidín nalgunha reunión, ou incluso, en Bruxelas, co amigo Pereira, cando fomos invitados por Camilo Nogueira. Ben, ao que vou. Quería saber si algunha das vosas comunidades, tivo que presentar nestes últimos anos, un PLAN ESPECIAL DE INVERSIÓNS E GASTOS, polos ingresos obtidos e que non se reinvestiran no período marcado no LIS (exercicio económico máis catro anos). E que agora mesmo, estou rematando o noso, xa que no ano 2007, obtivemos máis de 2 millóns de euros por unha expropiación, e a día de hoxe, aínda nos queda algo máis de 1 millón, despois de realizar investimentos, tanto no monte, como no eido social, coa construción dun espazo social e deportivo. Podedes ver un vídeo.


Eu, as liñas de xustificación, vounas a basear, primeiro, no investido, que é palpable, e despois, nun cronograma a 10 ou 15 anos, aínda o estou concretando, o no que xustifico as necesidades da Comunidade, así como os gastos fixos que ten da-los distintos servizos as veciños e veciñas, e por outra banda, e de acordo ao Plan de Ordenación de vimos de aprobar, seguir o mesmo, onde xa o investimento para este período é de máis de 400.000€. Sinceramente, agradézovos calquera consello ao respecto, e máis, si algún xa o tivo que presentar.

Comentar tamén, que trala modificación do RD 1777/2004, a través do RD 1793/2008, agora resolve o procedemento a Delegación da AEAT correspondente, a nós, Pontevedra. Eu tiven unha entrevista coa nova xefa para tratares este asunto, e a verdade, que me comentou que era o primeiro que se ía presentar, polo que non me podía marca-las pautas. Que seguira o que marca o artigo 12 de RD 1793/2008, e xa resolverían.

Agradécese calquera colaboración.

Neste outro vídeo, é o propio Miguel Ángel o que explica os pasos dados na construción deste espazo social e deportivo. Querer é poder!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.