viernes, 13 de enero de 2012

Alegacións a proposta de nova Lei de Caza

Pintada do Tecor de O Son no monte de San Lois-Boa
Coa fin da darlle a máxima difusión posible, fágome eco das alegacións que fai a Comunidade de Montes de Boa por medio do seu secretario.
Asunto: ALEGACIÓNS A PROPOSTA DE NOVA LEI DE CAZA.

Boas tardes,

En primeiro lugar permitáseme presentarme: o meu nome é Jacob Del Río Viñas e son Secretario da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Boa (en Noia, A Coruña) e avogado en exercicio.
Escribo estas liñas para facervos chegar un breve escrito que presentarei no trámite de audiencia concedido para facer alegacións ó borrador de lei de caza de galicia.
Considero que resulta de interese a todas as comunidades de montes veciñais pois moitas veces os TECORes consitúense sobre terreos mancomunados sin que a comunidade veciñal dé sequera o seu consentemento; pero ademais, considero que non se pode levar a cabo un aproveitamento do monte por terceiros e que en todo caso, debe ser a comunidade veciñal a que ceda o aproveitamento cinexético que ó fin e ó cabo, é un aproveitamento máis do monte veciñal e a ela lle corresponde.
Por eso vos fago chegar este pequeno escrito de alegacións para que lle dedes publicidade si o estimades oportuno e as comunidades interesadas o coñezan e si están de acordo fagan chegar un borrador de similares características.

Sen máis, gracias pola atención e reciban un cordial saúdo.

Lic. Jacob Del Río Viñas.
Col. 4671 ICACOR.
Fonte orixinal: aquí


Documento orixinal: aquí

No hay comentarios: