lunes, 6 de febrero de 2012

Nin asembleas, nin actas, nin vergoña

Asemblea comuneir@s de San Pedro de Muro
Dende que o 16 de xuño celebramos a derradeira asemblea, a día de hoxe non volvemos a ter ningunha outra razón da Xunta Reitora. Polo tanto descoñecemos se se reúnen «Estatutariamente e por Lei teñen que xuntarse cada dous meses», e caso de que se xunten, que é o que deliberan ou aproban.

Por se isto fose pouco, seguen negándose a expor publicamente as actas das asembleas porque dis que así llo demandaron na «taberna».

Mentres tanto a máis que exemplar comunidade de San Pedro de Muro, que o pasado sábado celebrou a súa asemblea ordinaria, xa colgou o esbozo ou resume da acta na bitácora da comunidade. Os meus parabéns á Xunta Reitora pola súa reelección e porque sigan sendo un referente para o resto de comunidades.

No hay comentarios: