viernes, 24 de febrero de 2012

Os do cortello aínda os comemos!!!

Chamarlle porcos aos que tiraron todo isto na entrada deste agro e a carón da pista que nos leva de Foloña á Belga e á Terrona, é unha falta de respecto para os de catro patas. No monte xa temos o son do vento atravesando as follas dos árbores e o cántico de multitude de paxaros e outros animais, polo que iso que no seu día foi un órgano, sobra, e por descontado, todo o demais.

En canto chova os elementos contaminantes que conteñen eses aparellos electrónicos, van parar ao río de Portofoloña que esta a escasos 100 metros e non está de mais lembrarlle á xente, que un par de quilómetros máis abaixo, o Concello aproveita a súa auga para o consumo humano.

Perdoen que insista, pero isto deixase a carón dos contedores e recólleos a empresa concesionaria, aquí, ninguén se vai facer cargo deles. Lémbrolles que se os collen nese intre a tiralo, carrearíalle unha multa culpable e de moi lonxe non é.

No hay comentarios: