jueves, 9 de febrero de 2012

Solo hai vacas no polígono industrial de Cee

No hai ningún tipo de actividade industrial pese a que o parque empresarial foi inaugurado fai un ano.

Un proceso xudicial polo valor do chan mantén inutilizado o polígono industrial de Cee. Non hai ningún tipo de actividade industrial a pesar de que o parque empresarial foi inaugurado fai un ano. Pero había que resolver dous asuntos, os mesmos que aínda hoxe non atoparon solución: o litixio polo xustiprezo derivado da demanda interposta polos posuidores da maior parte do terreo expropiado e a subministración eléctrica ás distintas parcelas do polígono. Mentres se busca unha solución definitiva a eses problemas, as vacas son as únicas visitantes deste polígono industrial, polo que poden pastar ás súas anchas.

Fonte: La Voz de Galicia
Dende logo cada vez que leo unha noticia destas dan gañas de "botarse ao monte". Aquí o presidente e Medio Rural no tiveron ese problema e fixeron esta pista por onde lles petou, sen pagar ren e por riba, todos cheos de razón
Nunca o comentei, pero moito antes, outros directivos xa fixeran algo parecido cruzando curiosamente o mesmo agro con esta outra, aínda que daquela non pertencía a meu pai.
O que non debe confundín un presidente e un político é que non é o mesmo asinar a apertura dunha pista no monte comunal sen pasar pola Xunta Reitora e pola Asemblea Xeral, como foi o caso desta que ven baixo estas liñas, e outra, moito máis grave, arramplar coas propiedades privadas. A iso chamase prepotencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.