martes, 27 de marzo de 2012

Ben polos comuneiros de Xuño

Foto: © Páxina do FB da Comunidade de Montes de Xuño
A noticia é ben clara «os comuneiros de xuño, non a xunta reitora», deixan as reforestacións polo motivos que explican. Nós, coma comuneiros e comuneiras presuntamente donos do monte en man común da parroquia de Nebra, asistimos impunes ao que se lle ocorra a catro directivos, ou acaso minto?

A última plantación de frondosas fixérona fai uns días en colaboración coa asociación de veciños e a AMPA do colexio de Xuño. Ten o seu aquel que dende fai uns anos teña máis información desta comunidade e da de San Pedro de Muro, por limitarme ao Barbanza, que da nosa.
Os comuneiros de Xuño decidiron non reforestar máis metros de monte durante o 2012. A decisión foi acordada por todos os integrante desta entidade que asistiron á asemblea celebrada o domingo a última hora. «Non reforestaremos máis xa que non podemos asumir máis superficie dá que xa temos».

As tarefas principais para facer agora son a limpeza de cunetas e a poda de árbores para previr os lumes durante a primavera e ou verán», sinalou o presidente da comunidade de Xuño, José Manuel Silva.

Os orzamentos non foron aprobados ao ter que incluír nos xa realizados o custo dunha actuación no cemiterio.
Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.