domingo, 25 de marzo de 2012

Incendio na Aguieira


Parece que alguén non tiña máis que facer e hoxe déuselle presuntamente por pegar o lume nas marismas da Aguieira, esquecéndose que nesa zona cohabitan diversos animais e flora de ribeira. Tamén se levou por diante un bo cacho de paseo fluvial e menos mal que se puido salvala ponte.

Colaboraron na súa extinción unha brigada de Medio Rural e veciños e veciñas da zona. Un axente forestal estivo na procura de probas e tomando medidas da zona afectada.

Tamén estivo presente o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e unha parella da Garda Civil do posto do Concello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.