miércoles, 7 de marzo de 2012

O peixe grande, comendo sempre ó pequeno

Como me sona este paralelismo. Ou sexa, que os comuneiros ceden o monte á Xunta de Galicia para un servizo concreto e esta, aproveitándose da boa fe dos comuneiros, fai o que lle peta. Os seus servizos xurídicos saben perfectamente «por iso cobran» que no intre en que se incumpran as cláusulas dunha cesión, esta queda sen efecto e os terreos reverten aos seus lexítimos propietarios.

Pero bueno, tamén é verdade que se uns propietarios non ceden o seu monte para cruzarllo con unha pista, non podían abrila «salvo que houbese expropiación polo medio» por moito que-lla pedise o presidente da comunidade , pero aquí aparcaron os legalismos e tiraron de bulldozer para diante...
Instalan antenas de telefonía en monte de Darbo cedido á Xunta para mellorar o sinal de televisión

Boa parte da cobertura que as principais empresas de telefonía móbil ofrecen aos seus clientes en Cangas e a súa contorna deriva das antenas levantadas en Mesa de Montes, en terreo dos comuneiros de Darbo, que con todo nunca autorizaron esas instalacións nin cobraron un euro dos beneficios que xera o servizo. A parcela onde se sitúan os repetidores foi cedida á Xunta hai case dúas décadas coa única finalidade de garantir a reemisión do sinal da Televisión de Galicia (RTVG) e dos demais canles en zonas de sombra, e os representantes da Administración autonómica negociaron logo coas operadoras de telefonía a instalación dos seus propios dispositivos. Os comuneiros están moi molestos con esa dinámica, piden "poñer as cousas non seu sitio" e iniciaron accións xudiciais para logralo. Para o venres está fixada unha vista preliminar en Santiago, aínda que as partes reuniranse mañá no Concello de Cangas, coa mediación do alcalde, para tentar arranxalo pola vía amigable.
"Non pódense meter na casa doutro e facer negocios con ela", sintetiza o presidente da Comunidade de Montes de Darbo, Alfredo Moldes, que deixa moi claro o interese do colectivo en colaborar na mellora de servizos de interese social, como pode ser a cobertura do sinal de televisión, pero non que se aproveite a cesión do terreo para asinar logo contratos de instalación de repetidores de Movistar, Vodafone ou Orange sen previa autorización dos propietarios nin pago de canon por iso.
A directiva que encabeza Moldes quere escoitar as medidas que exporán mañá os representantes da Dirección Xeral de Medios da Xunta, que se trasladarán á próxima asemblea de comuneiros para decidir en consecuencia.

Un enclave estratéxico para as comunicacións
A xestión das instalacións de Mesa de Montes corresponde a Retegal (Redes de Telecomunicación Galegas), unha sociedade anónima con capital público para a prestación de servizos de telecomunicacións na comunidade autónoma. Os cangueses familiarizáronse co seu labor hai apenas un ano, por mor dunha avaría nos microreemisores de TDT que dan sinal de televisión a boa parte de Aldán, Coiro e A Magdalena, que deixou aos veciños sen varias canles.
A proximidade das eleccións municipais animou aos políticos a mobilizar ás súas tropas, e o Concello de Cangas ?gobernado entón polo bipartito BNG-PSOE? por unha banda, e a Xunta ?dando cobertura ao PP local, co candidato Sotelo á cabeza? por outro se disputaron a solución ao problema e o consecuente premio dun puñado de votos. Todos se atribuíron a responsabilidade e ofertaron innovacións tecnolóxicas para achegar ao pobo toda a oferta televisiva.
Pero, máis aló da tecnoloxía, a titularidade do terreo é dos comuneiros, que non participaron daquela polémica, pero si están convencidos de que a Xunta se extralimitó nas súas competencias ao tramitar a instalación de operadoras de telefonía ás súas costas. E non lles move afán de lucro, insisten. Proba diso é que en Mesa de Montes operan, sen pagar canon, os repetidores de Protección Civil, Bombeiros do Morrazo ou sistemas de control do tráfico marítimo de ría.

No hay comentarios: