domingo, 4 de marzo de 2012

Que doado e agasallar co que non é dun

Refugallos de obra preto de Perceboi
Esta visto que algunha xente e políticos cando dispoñen ao seu antollo de propiedades privadas, nin repara en que esta inflixindo varias leis con tal de facer trapalladas, amigos e favorecer a certas empresas. Pasou aquí coa pista que uns directivos ordenaron abrir en agros particulares e Medio Rural executou. Algo parecido é o que lle pasou a esta Comunidade do Baixo Miño, xusto un ano antes.

Como ben din o seu presidente, se os terreos fosen dos directivos seguramente non actuarían así á lixeira ou pedirían contraprestacións, ben unha permuta ou cartos. Pero non, aquí dende logo foron a puro güevo. Neste tipo de xente a palabra Democracia, esta de máis.
A Comunidade de Montes de Camposancos censura o "agasallo" de terreos

A Comunidade de Montes de Camposancos, que preside Álvaro Martínez Carrero, manifesta a súa rotunda crítica pola cesión gratuíta realizada pola Entidade Local Menor de Camposancos sobre 5.000 metros cadrados de terreo comunal situado en Coto, para destinar á apertura dun novo viario de acceso á futura residencia para maiores que está en fase de construción. Os comuneiros calculan que o valor desta superficie, por ser edificable, podería superalos 300.000 euros e pregúntanse por que se "agasalla" este patrimonio.

O presidente sinala que desde a comunidade de montes solicitouse información á Entidade Local Menor para coñecer "que beneficio lle reportaba ós veciños de Camposancos, que convenio se asinase e a superficie que ocupaba dito viario".

Segundo manifesta Martínez Carrero, as respostas foron que "non había convenio e que non sabían a superficie".

A comunidade de montes considera que a Entidade Local Menor "ten que tratar de buscar ingresos e defender o patrimonio, polo que esperabamos que xestionara e defendera os bens que herdamos dos nosos antepasados e que conservamos durante tanto tempo e os administrara en beneficio de todos os campesiños", manifesta.

O presidente lembra que a comunidade de montes "foi crítica con permutas que consideramos inxustas, porque ó noso entender non se fixeron igualando o valor dous terreos que se permutaban". Por ese motivo considera que "temos que condenar tamén este regaliño que se fai a cambio de nada, argumentando que os terreos seguen sendo públicos".

Sinala que a situación abre interrogantes como saber se o pobo necesitaba destinar 5.000 metros cadrados "a lucir a entrada dá nova residencia". Valoran que se é certa a creación dun parque entre a pista e a nova estrada, tamén resultará un elemento que fará máis atractiva a instalación xeriátrica.

Pregúntanse por que non se negociou coa empresa que se vai a beneficiar "para sacar ventaxas tamén para o pobo e equilibrar a bascula".

Queren saber se os que tomaron o acordo da citada cesión tamén entregarían os terreos a cambio de nada, se fosen da súa propiedade.

No hay comentarios: