sábado, 14 de abril de 2012

Non quero ser cómplice!

Esta incrible fotografía, realizada por José Luís Rodríguez, gañou o concurso mundial de natureza
Veolia Environment Wildlife Photographer of the Year 2009
Este días levase escrito e falado moito a raíz do asasinato ilegal de varios lobos e lobicáns «cruce de lobo con can» con lazos. Unhas trampas preparadas a conciencia xa que as colocaron sobre os peches habilitados para vacas ou cabalos, sabendo que dito animais no seu instinto de supervivencia tratarían de entrar para poder alimentarse.

Mentres tanto, tamén asistimos impunes ante as autorizacións da Xunta para abater legalmente este hibrido xurdido nos montes do Barbanza, cando e recollendo opinións validas da xente, poderíanse habilitarlles trampas ou cazalos con tranquilizantes para castralos e devolvelos ao monte. De feito a finais dos anos 70 tocoume facer varias trampas para o lobo en Talleres el Jobre, de A Pobra do Caramiñal. O que parece estar claro agora é que uns queren liberala serra dos lobicáns de forma legal, e outros, do lobo, de forma ilegal.

Entendo a preocupación dos gandeiros ante a perda que teñen de animais, de feito fai anos na miña casa tiñamos un par de cabalos no monte e cando nos mataron o último poldro, vímonos obrigados a malvendelos. Pero para iso esta a administración, para velar polos seus intereses e para protexela fauna salvaxe. Aniquilala totalmente non me parece a mellor solución, nin a máis óptima, pero esta claro que os políticos sempre toman as solucións máis baratas e drásticas.

O que me chocou hoxe foi ler esta noticia, sobre todo os parágrafos subliñados. Segundo isto, os comuneiros de Nebra teríamos aprobado esas batidas no noso monte, en concreto nas Penas de Calo. Que un se teña que informar pola prensa do que ocorre nos nosos montes, di moito da xestión pouco democrática da Xunta Reitora que rexe neste intre os destinos da comunidade ou minte a Xunta de Galicia?

O único certo é que a Asemblea Xeral da Comunidade de Montes de Nebra a día de hoxe non se reuniu para aprobar estes asasinatos legais e selectivos? de lobicáns. Descoñezo, se é que o houbo, algunha autorización por parte da Xunta Reitora ou dalgún directivo a titulo individual, como xa ten acontecido cando exercía coma secretario. Agradeceríamos que alguén nos informase se se poden facer este tipo debatidas no noso monte, sen contar coa autorización expresa da Asemblea Xeral.
A unificación dos colectivos de gandeiros, cazadores e comuneiros que a Xunta de Galicia xestionou para realizar as batidas e esperas que pretenden acabar cos lobos híbridos na serra de Barbanza deu pé a unha normativa específica. Para participar nesta iniciativa, que busca a erradicación do lobo híbrido de Barbanza para evitar que se mesture cos exemplares ibéricos, é preciso estar incluído na relación de cazadores autorizados que a Consellería de Medio Ambiente efectuou. Ademais, no caso de abater algún animal deberá entregarse inmediatamente ao axente territorial de Medio Ambiente na zona.

Antes de realizar unha saída ao monte terá que ser comunicada coa antelación suficiente á consellería, indicando o día, a paraxe e as horas nas que desenvolverán as batidas. Ademais, esta situación tamén terá que comunicarse á Garda Civil. Por motivos de seguridade, en cada espera non poderá haber máis de dous cazadores nun mesmo punto. Tampouco poderán moverse baixo ningunha circunstancia do posto mentres realicen a espera.

Política de armas
As persoas que saian ao monte co consentimento do Goberno galego terán que, tanto antes de chegar como ao abandonar o posto onde realizan as batidas, desmontar e enfundar as súas escopetas. Os lugares onde máis se está actuando agora son Lamas de Rei e Penas de Calo.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia
Dispoñen de moita información na páxina de Axena
Hai fotos duras de animais mortos para quen no estea afeito a ollalas.
Asasinos de lobos no Barbanza
Asasinos de lobos no Barbanza (2): os lobicáns
Asasinos de lobos no Barbanza (3): a raza do can
O “lobicán” do Barbanza
Batidas do lobo no Barbanza no monte Enxa

Déixolles unha ligazón con un vídeo incorporado sobre o lobo, do malogrado Feliz Rodríguez de la Fuente e a súa loita para impedir que desaparecera xa fai anos: "Félix salvou o lobo ibérico, sen el haberíase extinguido fai moitos anos no noso país"

No hay comentarios: