domingo, 15 de abril de 2012

Sigo sen ollalo claro

Foxo para atrapar lobos
Ampliando a noticia de onte, parece que á caza de lobos e lobicáns tamén andan os comuneiros. Supoño que se referiran ás comunidades que dispoñen de gando no monte, na nosa, que se saiba, aínda non temos ningún, salvo que o cruce dun cabalo do presidente coas eguas doutro comuneiro xa dese os seus froitos e nos agasallasen con un poldro polo favores recibidos? Igual por iso se entende que unha das batidas se dean no noso monte.

Insisto na pregunta, pode a Xunta de Galicia «ou a Xunta Reitora, caso de que outorgasen consentimento, de feito non albisco queixas por ningún lado» autorizar estas cazas legais nos nosos montes sen que previamente a Asemblea Xeral o aprobase ou fose tan sequera informada?

Artigo 8º.- Corresponde a la Asamblea General:

- Aprobar el otrogamineto de cesiones, arrendamientos, planes de aprovechamiento y toda clase de contratos con terceros...
As esperas consentidas desde a Xunta para acabar co híbrido de Barbanza freáronse nos dous días por mor da choiva e a néboa. E é que con esas condicións, os cazadores, gandeiros ou comuneiros que saen ao monte non teñen as mellores condicións. Outra medida que comezará a utilizarse en breve no mesmo escenario son os trampeos. «Trátase de trampas que porá persoal da Consellería de Medio Ambiente e que só reteñen ao animal pero nunca lles fan dano», apuntaron as mesmas fontes.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia
Trampa para lobos

Trampa moi parecida ás que fixemos en A Pobra do Caramiñal para atrapar vivos aos lobos. Dividíase en dúas partes: nunha estaba o "cebo", polo xeral unha cabra ou ovella, e a na outra metade quedaba atrapado o lobo. Por moi doado que no lo vendan de que os animais cazados en trampas non sofren é falso, neste caso sofren un estrés traumático, tanto o cazado coma o cebo.

Un pouco de etnografía sobre o lobo.

Os foxos do lobo
O Foxo do Lobo da Xesta, na Lama
Foxo do lobo das Covateiras
Foxo do lobo do Farelo
Visita virtual en 360º: Os Chorcos, trampa para lobos
Un foxo no asador
Nalgún pobo loitase pola súa conservación: O BNG de Mondariz solicita ao pleno a incorporación dos foxos de lobos na Rede Natura 2000
Este tipo de trampas non era exclusivas para o lobo, nin por aquí: A caza das cometas do deserto

No hay comentarios: