sábado, 28 de abril de 2012

Ten futuro o monte?

A leira de 65.000 metros cadrados está situada no municipio de Beariz.
(Foto: MARTIÑO PIÑAL)
Igual é unha teima, pero coido que o futuro do rural e do monte en si, pasa por buscarlle outra saída que non sexa exclusivamente pino ou eucalipto. Esta preocupación miña remontase máis ou menos a 20 anos.

Daquela, sendo vogal da comunidade, desprazarame a unha charla en Lousame para interesarme por unhas subvencións que a Xunta de Galicia poñía a disposición das comunidades de montes e de propietarios para plantar castaños, entres outro clase de arbores, salvo eucaliptos. Logo nunha reunión da Xunta Reitora cando comentei iso, pareceulles chino. Foilles máis rendible cortar a eito a riqueza que tiñan os nosos montes.

Logo cando pasei pola secretaria xa nin tempo tiven a propolo, a pesares de que o presidente estaba en contra de plantar pinos e sobre todo eucaliptos. Pero logo trocou o chip «ou lle fixeron trocalo», porque salvo cando foi da repoboación feita pola Ditadura «a partires das cortas os pinos nacían espontaneamente», nunca tanto se plantou e gastou en algo que como digo, e mostrei en fotos, os pinos danse como a herba.
La Región: Cogomelos a partir de castaños galaicos-xaponeses en Beariz

A empresa promotora comercializa as árbores, que tamén darán castañas en só dous anos

Unha propiedade de 65.000 metros cadrados en Beariz, até agora improductiva, foi adquirida pola empresa pontevedresa Hifas da Terra para convertela nun viveiro de castiñeiros e nogueiras.

Trátase dunha iniciativa nova na península ibérica xa que o fin destas árbores está na produción de cogomelos, concretamente do prezado boletus edulis e de froitos selectos como a castaña e as noces, ademais da madeira, a partir de castaños e nogueiras híbridos. Multiplícanse de modo clonal e obtéñense por cruces de castiñeiro xaponés e castiñeiro do país, sendo o resultado de investigacións realizadas no Centro de Experimentación e Formación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra). O xerente Esteban Sinde declarou que a empresa se fundou en Bora (Pontevedra), en 1999, onde traballa 50.000 metros cadrados de superficie. "A necesidade de ampliar a produción para atender o mercado tróuxonos até Beariz", puntualizou.

As vantaxes desta plantación respecto das tradicionais de Galicia son varias, segundo sinalou Sinde, xa que por unha banda, no que respecta á castaña, a primeira colleita recóllese no segundo ano desde a plantación, mentres que o habitual é que non empecen a producir, se o fan, aos 12 anos. Para os cogomelos, segundo explicou o xerente, hai que esperar seis anos. Son plantas moi vigorosas, que xa serven para madeira en 25 ou 30 anos, e teñen a vantaxe de que non ven afectadas pola tinta (Phytophtora), que afecta en gran medida aos castiñeiros do país.

A plantación púxose en marcha en decembro de 2011. Son 20.000 plantas, que en menos de dous anos estarán no mercado con prezos que oscilan entre os 7 e os 15 euros a unidade. A produción é de 3.000 quilos de castaña e 250 quilos de boletus por hectárea ao ano.
E na páxina da comunidade: Ante a prepotencia non hai cores, nin amizade

No hay comentarios: