viernes, 4 de mayo de 2012

Cando se prohibe por algo é


Dun tempo a esta parte vense falando de empresas madeireiras e a Xunta de Galicia quere fumigala maior parte dos eucaliptais por culpa dun escaravello que lle come as follas e atrasa o seu crecemento. Salvo métodos naturais, coido que non existe funxicida ou herbicida que sexa beneficioso para o medioambiente e sobre todo para a fauna.

Isto por unha parte, pola outra non debemos de esquecer que na nosa zona a maioría dos eucaliptais están nas beiradas dos ríos e a carón de moitos mananciais que aproveitamos os veciños para abastecernos de auga e ao contrario que as traídas municipais, non pasan por un sistema depurativo. Segundo a propia empresa que o comercializa, en contra do que afirma o representante da Xunta: «é moi tóxico para os organismos acuáticos, pode provocar a largo prazo efectos negativos no medio ambiente acuático».

A pregunta cae de caixón, se xa hai un método natural para loitar contra esta praga, como é a avespa da foto, por que non se usa preferentemente e se deixa de contaminar? Á vista dos datos que expoño de seguido, esta praga víase vir fai moitos anos pero coma sempre, acórdanse de Santa Bárbara cando trona.
Eucalyptus, Gonipterus e Anaphes: un exemplo de control biolóxico nun sistema tri-trófico
  • Dispersión do Gonipterus scutellatus: crónica dun desastre anunciado
...Estaba por tanto anunciado que esta praga chegaría a Galicia; estaba anunciado desde hai máis de 50 anos e tan só había que coñecer a historia. Os primeiros danos detectáronse na localidade de Lourizán, onde a especie chegou en 1991 (Mansilla, 1992). Desde Lourizán, G. scutellatus iniciou a súa dispersión por toda Galicia (Mansilla & Pérez Otero, 1996), colonizando un radio dun 85 km desde a súa localidade de introdución até 1995. En setembro de 1997 atopábase en practicamente todos os eucaliptales galegos, o occidente asturiano, a metade norte de Portugal, e parece chegar até Estremadura. A distribución mundial da especie preséntase nesta foto.


Guerra química contra o gurgullo
  • Ecoloxistas, agricultores e apicultores denuncian o uso dun pesticida prohibido por la UE para controlar a praga do eucalipto.
  • A Xunta afirma que non é tóxico.
A praga do gurgullo, unha especie de pequeno escaravello de 7-9 milímetros de lonxitude, ameaza aos eucaliptos galegos desde os anos 90. Estes coleópteros, que se alimentan das súas follas, acaban matando as árbores e están a pór en xaque ao sector forestal da comunidade. Até agora utilizáronse métodos biolóxicos para tentar controlar ao tamén coñecido como Gonipterus scutellatus. Pero ante o avance da praga, a Xunta e a Asociación Española de Pasta de Papel (Aspapel) decidiron cambiar de estratexia. Nos próximos meses a guerra contra o insecto será tamén química.

A decisión de utilizar unha pesticida que a marca Basf comercializa como Cascade para pulverizar os montes galegos ha posto en pé de guerra a ecoloxistas, gandeiros, agricultores e apicultores, que se agruparon na Plataforma contra as Fumigacións. O Cascade ten como principio activo o flufenoxuron, unha sustancia que a Unión Europea prohibía o pasado mes de setembro por entender que "ten un alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria" e "un elevado risco para os organismos acuáticos". A pesar de que os seus efectos negativos son xa coñecidos, a UE ofreceu aos estados membros un "período de graza" no seu uso, que caduca o próximo 31 de decembro.

Desde a Plataforma contra as Fumigacións alertan de que o uso do flufenoxuron terá graves consecuencias ambientais. Alertan de que as abellas, que teñen un papel crave como polinizadoras, veranse gravemente afectadas e que mesmo podería ser prexudicial para os humanos xa que a pesticida pasa á cadea alimentaria. Con todo, o secretario xeral da Consellería de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, aseveraba onte no Parlamento que o flufenoxuron "non é tóxico".

O BNG leva as fumigacións de eucaliptos á Comisión Europea
  • O secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, defende que a altura do árbore fai que a aplicación aérea do insecticida sexa a máis adecuada.
A eurodeputada nacionalista Ana Miranda levará á Comisión Europea as fumigacións de eucaliptais infectados pola praga do Gonipterus scutellatus, o gurgullo do eucalipto. Miranda preguntará ás autoridades europeas sobre a súa postura acerca do uso do principio activo flufenoxurom, un biocida en moratoria pola súa toxicidade, que a Asociación de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón -da que forma parte Ence- pretende aplicar a plantacións de eucalipto mediante fumigacións aéreas. "As fumigacións aéreas están prohibidas pola Unión Europea desde 2011 sempre que a loita contra a praga forestal póidase realizar desde terra", alegan portavoces do BNG. Por agora, os promotores do tratamento están a informar aos particulares dos pasos que deben seguir se aceptan as fumigacións.

A pregunta da eurodiputa súmase á formulada onte en comisión parlamentaria pola tamén nacionalista Tereixa Paz, que interrogou ao secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, sobre as consecuencias que a fumigación terá sobre as explotacións apícolas, xa que o produto elimina os insectos en fase larval. A nacionalista foi moi belixerante con "É un produto que está incluído nos rexistros sanitarios e que calquera silvicultor pode aplicar sen ningún tipo de autorización especial", respondeu Fernández Couto, que tamén explicou que en este caso a Xunta si terá que dar o visto e prace ao uso do produto porque a fumigación farase por medios aéreos, máis adecuados, argumentou, para unha árbore tan alta como o eucalipto. "Aplicarase a un metro da copa da árbore", precisou.

Tomás Fernández-Couto: “o insecticida usado contra o gurgullo do eucalipto é un produto legal e o único autorizado para este tratamento”
  • O secretario xeral de Medio Rural e Montes lanzou no Parlamento unha mensaxe de tranquilidade, insistindo en que o uso deste insecticida non comporta risco ningún
  • Na súa comparecencia explicou que este produto se emprega dende hai vinte anos en agricultura e silivicultura para tratar doenzas das berenxenas, as mazás, as peras ou as viñas, entre outros moitos cultivos
  • Advertiu ademais de que o tratamento farase de xeito localizado, en proporcións moi limitadas (en doses de apenas un vaso de auga por hectárea) e sempre por solicitude expresa dos donos das árbores
O insecticida denominado flufenoxurón é “totalmente legal e trátase do único autorizado para o control do gonípterus (gurgullo) do eucalipto”. Emprégase, ademais, dende hai vinte anos en agricultura e silvicultura para tratar doenzas das berenxenas, as mazás, as peras ou as viñas, entre outros moitos cultivos.

Así o explicou esta mañá no Parlamento o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, en resposta a unha pregunta oral, na que aproveitou tamén para insistir nunha mensaxe de tranquilidade e responsabilidade, lembrando que a utilización deste insecticida non comporta risco ningún. Engadiu que tan só é precisa a autorización para o seu uso porque se fai con medios aéreos, porque se fora con terrestres non sería nin tan sequera precisa.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes advertiu de que non se pode falar de “fumigación masiva” nin de “produto tóxico”. Pola contra, explicou que a súa aplicación farase de xeito localizado, en proporcións moi limitadas (en doses de apenas un vaso de auga por hectárea) e sempre por solicitude expresa dos donos das árbores.

Loita biolóxica
Fernández-Couto reiterou ademais a aposta da Xunta pola loita biolóxica contra esta doenza, que consiste consiste en aumentar a poboación de Anaphes nitens, parasito natural e exclusivo de ootecas (ovos) de gonipterus. O obxectivo final deste sistema de loita é chegar a establecer un equilibrio entre as poboacións do insecto e as do seu parasito natural.

Cascade: Flufenoxuron

Ficha de Datos de Seguridade



No hay comentarios: