jueves, 3 de mayo de 2012

Cornudos e apaleados

Xa tiña preparadas estas fotos, pero aproveito para colgalas xunto coa Carta ao Director de Xosé Alfredo Pereira Martínez «presidente da ORGACCMM», que copio e pego de seguido, para que se olle as incongruencias dos nosos políticos, de aí o título da entrada.

En Caamaño, o primeiro que se atopan os visitantes que se acheguen á ponte «medieval-romana?» sobre o río Sieira é este lamentable espectáculo. Agora, á vista de como actúa noutros contornos a Consellería de Medio Ambiente, os propietarios dos enclaves onde estean tirados este tipo de refugallos seremos os «culpables» e os que os tiraron, os «inocentes», aínda que se saiba quen foi o autor.
Que a existencia dos montes veciñais mancomunados xestionados polas comunidades de montes non é do agrado da actual Consellería de Medio Rural e Mar é un feito evidente. Que o actual Goberno da Xunta de Galicia ten unha estratexia planificada de agresións aos montes veciñais en man común (lei de montes, lei de caza, eliminación de axudas ás comunidades de montes…) está fora de toda dúbida.

Unha destas agresións sufriuna, nestes derradeiros días, a Comunidade de Montes de Mougás. Esta comunidade de montes foi multada con 603 euros pola Consellería de Medio Ambiente en aplicación da vixente lei de residuos de Galiza… por aparecer uns entullos de obra no seu monte veciñal.

Dende o descoñecemento poderíase dicir, ben, se a Comunidade de Montes de Mougás deixou verter entullos de obra no seu monte está ben que fose multada. Mais, non é o caso, a Comunidade de Montes de Mougás denunciou o feito diante da Consellería de Medio Rural e Mar, e mesmo foi identificada a persoa que realizou os vertidos.

Mais, a pesar de este coñecemento, os burócratas da Consellería de Medio Ambiente castigan á Comunidade de Montes de Mougás alegando que non tomou as medidas pertinentes para evitar o verquido.

Atopámonos xa que logo ante unha situación absurda, ante unha situación de surrealismo. Ante una situación onde a vítima é declarada culpable.

Ven sendo algo así como se unha muller que fose vítima de violencia de xénero fose declarada culpable por non ter tomadas as medidas precisas para evitar esa agresión.

Claro que esta agresión da Consellería de Medio Ambiente só a padece a Comunidade de Montes de Mougás. Aplicando a súa lóxica do absurdo, aquela tamén tería que multar á Consellería de Medio Rural e Mar, xa que a lei de montes veciñais actualmente en vigor declara como unha das súas competencias o velar pola conservación dos montes veciñais, cousa que non fixo ao permitir que se verteran entullos de obra no monte veciñal de Mougás. Máis, evidentemente, entre lobos non se morden e prefiren dar a dentellada ao máis débil.

Ante esta agresión da Consellería de Medio Ambiente a Comunidade de Montes de Mougás as comunidades de montes de Galiza non podemos resignarnos. Ademais de solidarizarmos coa Comunidade de Montes de Mougás temos que amosar a nosa crítica a esa agresión da Consellería de Medio Ambiente.
Mobiliario urbano fabricado con residuos pneumáticos
O reciclaxe do caucho é a solución á enorme cantidade de pneumáticos que se usan en España. O céspedes artificiais, os pavimentos deportivos.

Estes colchóns, ou o que queda de eles, xa deben levar aí como mínimo un par de anos. Xa os teño fotografado e colgado por aquí, pero aí seguen.

E na páxina crítica da comunidade... Cumpre apostar seriamente por outro tipo de monte

No hay comentarios: