miércoles, 30 de mayo de 2012

A estas alturas aínda andamos con estas?

Canteira de Nebra da que non obtivemos beneficios,
tanto por extraer toneladas de pedra,
coma despois por usala como deposito
Despois de corenta e un anos, que unha empresa se ampare nun Consello de Ministros de Franco, para abrir unha canteira paréceme algo esperpéntico. Home, sempre escoitei que as concesións facíanse con data de caducidade, e no caso de que os adxudicatarios non actuasen no prazo establecido, esta poderíase revocar.

Despois temos que os montes expropiados aos seus lexítimos donos durante a Ditadura, pouco apouco fóronse devolvendo, polo que estes veciños estarían ante un agravio comparativo. Se a isto lle engadimos que moitos acordos levados a cabo durante a Ditadura anuláronse na Democracia, este podería entrar neste suposto, non?
A Asociación Cultural O Iribio e a Asociación Veciñal Monte Caldeirón, coa colaboración da organización ecoloxista Adega, dirixíronse ao Concello de Triacastela para solicitarlle que paralice as obras que a empresa Cementos Cosmos está a realizar nunha canteira no monte de Vilar, porque sosteñen que é de propiedade comunal.

En rolda de prensa, o presidente da asociación O Iribio, Marcos Celeiro, explicou que a empresa paralizou temporalmente a súa actividade na zona pola presión que exerceron os veciños e as denuncias formuladas ante diferentes instancias administrativas e ante a propia Garda Civil, que motivou a apertura dun proceso xudicial.

Segundo Marcos Celeiro, aínda que a empresa sostén que expropiou ese monte no ano 1971, mediante un procedemento de urxencia avalado polo Consello de Ministros de Franco, os veciños reclaman a propiedade comunal do mesmo, cuxa titularidade nestes momentos recae no Concello de Triacastela.

Celeiro explicou que a canteira que a empresa promove no monte de Vilar, no lugar coñecido como A Pedra, está situada a menos "dun quilómetro de cinco núcleos de poboación", no "centro do municipio de Triacastela", e afecta as comunicacións naturais entre tres parroquias.

De feito, denunciou que a propia empresa cortou a principal estrada de acceso á aldea do Castiñeiro, na que viven tres familias, e os habitantes dese núcleo teñen que dar agora un rodeo de doce quilómetros para chegar aos seus domicilios. En todo caso, Celeiro dixo que "a xente máis afectada" pola actividade da empresa "é contratada para traballar" pola mesma, de forma que "se compra o seu silencio".

Pola súa banda, a vicepresidenta de Adega, Adela Figueroa, afirmou que a empresa está a construír unha balsa de decantación que alagará un "pequeno val, bastante rico", desde o punto de vista natural.

Segundo Marcos Celeiro, as obras carecen da pertinente licencia municipal e a empresa nunca someteu a súa canteira a unha declaración de impacto ambiental.

Fonte orixinal: Galiciaé
Web oficial do concello de Triacastela

No hay comentarios: