martes, 8 de mayo de 2012

Xornadas organizadas pola CMVMC DE TAMEIGA


Dende a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, queremos convidalos as Xornadas de exposición e análise das obligas: contables, Tributarias e rexistrais das comunidades de monte veciñais en man común e lei de protección de datos, que serán impartidas por José Manuel Rodríguez Penedo (Director da Asesoría Penedo, S.L.U.) e Francisco Javier Rego Martínez (Colaborador, experto en protección de datos).

Tamén contaremos coa presenza dunha representación da ORGACCMM que nos informará sobre a situación dos montes en man común coa nova Leí de Montes.

O acto terá lugar no CSCD As Pedriñas, o sábado 12 de maio a partir das 11.30 horas.

Agardámos a sua presenza, un saúdo.

CMVMC DE TAMEIGA

No hay comentarios: