viernes, 22 de junio de 2012

Aínda hai xente honesta e legal

Mentres hai empresas e xente que presuntamente asinan xustificantes de traballos non feitos ou inflados «iso cando non asinan por outros e algúns xa teño visto» para legalizar pagos de dubidosa legalidade, nos tempos que corren aínda os hai honestos.

No caso deste veciño, outro collería o diñeiro e até logo, porque non eran dúas perras chicas.
A Garda Civil investiga o posible desfalco de ata 120.000 euros da contabilidade da comunidade de montes Corda de Neda, unha entidade integrada por máis de 70 veciños e comuneiros da parroquia de Abeledo, no municipio de Abadín.

O envío de dúas facturas remitidas pola xunta xestora da citada comunidade de montes e correspondentes á realización de diversos traballos agrícolas e que sumaban un importe global de 3.500 euros foi o detonante que abriu esta investigación.

O receptor de tales facturas, unha persoa que se dedica á realización de traballos agrícolas, foi o primeiro sorprendido ao coñecer que ía percibir uns ingresos por uns traballos que non levara a cabo.

Ante esta situación de difícil explicación e quizais tamén movido polas sospeitas de que tales facturas podían responder a algún tipo de xestión irregular, esta persoa optou por persoarse coa documentación recibida da comunidade de montes Corda de Neda, de Abeledo, na comandancia da Garda Civil de Lugo, para denunciar a recepción dunhas facturas que non respondían á realidade e que en ningún caso correspondíanse coa actividade profesional levada a cabo por el.

El Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.