domingo, 3 de junio de 2012

Estamos máis que vendidos


Parece que o acontecido n a serra cando houberon de levar por diante a Arca do Barbanza non foi un feito illado. Poren está máis que claro, que a Administración, independentemente dos partidos políticos que estean ao fronte dela, pasan olimpicamente do noso Patrimonio. Iso si, logo na oposición tratan de buscarlle as cóxegas a quen goberna, se cometen algunha falcatruada deste tipo.
O Grupo de Acción Ecoloxista Outeiro e o Centro de Estudos Chamoso Lamas denunciaron ante a Dirección Xeral de Patrimonio a destrución dunha mámoa catalogada e incluída no proxecto do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Beariz. O monumento funerario de máis de 5.000 anos de antigüidade, quedou arrasado por mor da apertura dunha pista e un cortalumes coincidindo coa realización dunha plantación forestal (descoñécese se a promove a Xunta ou os comuneiros) no monte de Marco e Pena, pertencente á localidade das Antas.

O representante de Outeiro, Juan José Álvarez, manifestaba respecto diso que "ou noso grupo esixirá que se aplique a Lei, non imos consentir que calquera campe libremente polos montes abrindo pistas e cortalumes sen respectar o patrimonio que é de todos, que saiban que quen o destrúa atoparase connosco nos xulgados". Pola súa banda, a presidenta de Chamoso Lamas, Rosa Ricoy, engadía que "debemos ter un sentimento especial por estes monumentos porque son os máis antigos e poucos países contan con este tipo de patrimonio". Desta forma, manifestaba Rosa Ricoy, que "queremos que se tomen medidas de precaución, e xa que existen protocolos para estes casos que se sigan para salvagardar ou patrimonio, e cando se estrague que se depuren responsabilidades". Así mesmo, Juan José Álvarez, indicaba que "a maior parte das reforestacións estanse a facer sen control arqueolóxico".

O alcalde de Beariz, Manuel Prado, declarou que non tiña constancia da destrución da mámoa. Non obstante, asegurou que o Concello comprobaría o ocorrido e de ser certo "esixiremos responsabilidades a empresa que fai a plantación".

O rexedor non soubo precisar se a reforestación está a ser realizada pola Xunta de Galicia ou polos comuneiros dalgunha localidade da contorna, aínda que asegurou que "ou lóxico é que as empresas teñan constancia do patrimonio co que se poden atopar".

Fonte orixinal: La Región 01-06-2008
Neste blogue dan conta doutros casos: As talas e maquinaria pesada ameazan os petróglifos de Xiabre

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.