sábado, 21 de julio de 2012

En quente: referendum xa!

Planta de Ence ao pé da ría de Pontevedra
Foto: El País
Xa fai anos que non paso pola autovía de Pontevedra-Marín, pero a medida que me achegaba á planta de Ence, tiña que pechalas fiestras do coche e poñer este á máxima velocidade permitida, porque o aroma que soltaba aquilo era máis que insoportable e non son moi fino.

Ler que no tocante á Lei de Costas que quere modificalo goberno: «o obxectivo desta lei é facer compatible o desenvolvemento económico co desenvolvemento ambiental», é querer metérnola dobrada. O desenvolvemento económico será bo para os de sempre, o ambiental dubídoo, e para mostra non é preciso que saiamos do Son e Portosín, sen esquecernos das parroquias con costa. Aquí na Aguieira construíuse enriba de dunas, despois de arrasalas.
Diario de Pontevedra: Ence di que a nova lei de Costas "non pode estar máis en liña cos nosos obxectivos"

O director da factoría de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, defendeu onte a localización da empresa en Lourizán e asegurou que o seu labor céntrase en mellorar «e conseguir convencer a todo ou mundo de que, efectivamente, temos que estar onde estamos, de que a nosa fábrica é boa para Pontevedra, para a comarca e para Galicia e que é sumamente respectuosa co medio ambiente».

Casal fixo estas declaracións tras a presentación dos resultados ambientais de 2011, na que estivo acompañado polo responsable de Calidade e Medio Ambiente, Carlos Casas. Os datos relativos ao pasado exercicio «sitúan á factoría á vangarda do seu sector en desempeño ambiental».

O director da planta pontevedresa evitou profundar no anteproxecto da lei de Costas porque, dixo, é un texto provisional que pode sufrir modificacións. Con todo, sinalou que contén «aspectos interesantes» e manifestou que «o obxectivo desta lei é facer compatible o desenvolvemento económico co desenvolvemento ambiental», unha circunstancia que «non pode estar máis en liña cos nosos obxectivos e a nosa propia estratexia». Respecto diso desta última, comentou que está baseada na sustentabilidade ambiental, social e económica e concluíu que a reforma da lei de Costas «conflúe bastante coa nosa estratexia, polo menos desde o punto de vista filosófico».

El País: Ence tentará "convencer a todos" para seguir na ría
  • Satisfacción na pasteira pola reforma legal que lle permite evitar o traslado

No hay comentarios: