sábado, 14 de julio de 2012

Quen o diría

Co día que estivo onte que houbese dous incendios é para botarse as mans á cabeza. Casualmente  pasei pola zona recuncando de Catoira, e non só había unha néboa espesa, se non que, como aquí en Nebra, chovía e ben todo o camiño, tanto para alá como de volta.

É certo que contra tarde mellorou algo, pero de aí a que con todo mollado aínda ardese algo, non quero imaxinar entón o que pode pasar o día que veñan catro días de bo tempo.
La Voz de Galicia: Sufocados dous pequenos incendios en Boiro durante a pasada madrugada

As chamas afectaron a Moimenta e Cures

Persoal do Grumir de Boiro acudiu a pasada madrugada a sufocar dous incendios, ambos practicamente á mesma hora, sobre as seis menos cuarto da mañá. O primeiro afectou ao núcleo de Moimenta, e arrasou 600 metros cadrados de arborado. O segundo produciuse en Cures e afectou a uns mil metros cadrados. Neste último caso, foi necesaria a presenza dunha motobomba.
Así estaba onte o día por Nebra...

No hay comentarios: