jueves, 6 de septiembre de 2012

Claro que priman intereses privados


Baixo o suxírente titulo de exemplos a seguir, e outras formas de sacarlle proveito ao monte, poñía especial énfase en que as comunidades deberíamos mirar cara a outro tipo de arbores que se adaptasen á zona escollida, e deixar máis de lado o piñeiro, e sobre todo o eucalipto.

Nas fotos poden ollar uns dos poucos bosques autóctonos que chegaron a nós dende a noite dos tempos. Obsérvese a singularidade do terreo, a un lado só herba e ao outro, pola espesura dos carballos e acivros, o terreo é máis ermo polas follas dos primeiros. Mentres nesta parte o lume tería unha barreira natural, na outra zona, todo verde, sería case totalmente imposible que unha faísca fose capaz de facer unha ignición do lume.

Tería que revisalos arquivos, pero noutras zonas que visitei, soutos de castaños principalmente, o chan é moi parecido, de aí, que como ben matizan neste artigo, sexan máis difíciles de queimar. En Nebra, a única madeira de "rolla" que vendemos foi a que se plantou na Ditadura, da que plantamos tras devolvérsenos o monte ou naceu espontánea, a única que vendemos foron "latas" por culpado lume. Os números que gastamos en materia de plantacións, rozas e podas, marean, para non nos lucrar de nada.

Pénsao todo o mundo pero custa probalo: o lume é unha máquina de facer cartos!!!
La Voz de Galicia: Nunca máis o lume

O DITAME da comisión de investigación do incendio de Guadalajara, resumido nos xornais, contén algunhas medidas lóxicas ou agardadas, pero ningunha verdadeiramente radical -das que van á raíz das cousas-: rexeneración dos pobos afectados, propostas de formación homoxénea para todo o país, creación dunha empresa pública para a xestión ambiental, mellor cobertura de radio, telefonía e televisión.

Vaise ás consecuencias dos incendios e non ás causas, pois non vexo que se fale de medidas para evitalos. Algúns pensamos que é posible conseguilo. Hai dúas medidas radicais ausentes do ditame: substituír por outras as especies de fácil combustibilidade, como o pino e o eucalipto, entre outras, e concienciar á xente, educala e civilizala, que é posible. En Noruega, por exemplo, non hai incendios, porque nos seus bosques teñen vexetación máis nobre e a sociedade é máis civilizada. Tampouco os hai en Galicia nas poucas zonas de carballeiras e soutos de castiñeiros. Pero os intereses privados.como sempre, privarán.
Controlado o lume forestal rexistrado no concello da Gudiña e extinguido o de Cualedro, ambos en Ourense

No hay comentarios: