miércoles, 3 de octubre de 2012

Maiorías mal administradas

Obras de reforma do campo de fútbol de A Ran,
no que se colocará céspede artificial de última xeración
EMILIO MOLDES
De verdade que non entendo a prepotencia dalgunhas administración públicas, ou mellor dito, debería dicir a acción dunha xente que pensa que esta por riba do ben e do mal. Todos sabemos que entre que se tramita unha solicitude, se aproba se procede, e se remite ao organismo superior que corresponda, que hai se seguir unha normas.

Pois non, hoxe sae outra noticia destas onde un cargos públicos sáltanse tódalas normas, supoño que amparados por unha maioría mal administrada. Doulle a razón a Asemblea Nacionalista de Cuntis, porque un caso moi parecido foi o que vivimos na nosa comunidade e Medio Rural -aínda sendo do noso bando- paralizounos só pena dunha multa.

Aquí explicara ben o que nos pasara.
Diario de Arousa: As obras do campo de fútbol execútanse en terreos que aínda non son do Concello

Asemblea Nacionalista de Cuntis denunciou no Pleno do pasado venres novas "irregularidades" nas obras do campo de fútbol da Ran xa que, segundo afirmou o seu portavoz, Belén Pazos, parte dos terreos nos que levan a cabo os traballos non son aínda de propiedade municipal, senón da Comunidade de Montes de Rogadío. O convenio asinado con esta entidade para a cesión dos terreos "nin tan sequera foi remitido á Dirección Xeral de Montes para a súa aprobación, polo que as obras estanse a realizar de xeito irregular en propiedades do monte comunal", afirmou Pazos Touriño na sesión plenaria, lembrando que o Concello comprometeuse a pór a disposición da Deputación todos os terreos necesarios para a execución do proxecto. Ademais, no convenio rubricado entre Concello e Deputación, a administración local asumía a responsabilidade derivada de posibles "irregularidades e ilegalidades", explicou Pazos. A concelleira teme que se repita a mesma situación que no polígono industrial, no que varias empresas e un edificio municipal (o Centro de Formación Ocupacional) levan décadas emprazados en terreos comunais.

Ademais, tanto nacionalistas como socialistas indicaron no Pleno que as obras están a se realizar sen contar con permiso do Ministerio de Fomento. Ao preguntar ambos os grupos políticos ao goberno local se contan xa con todas as autorizacións pertinentes, o concelleiro de Obras, Manuel García, limitouse a responder que "xa contestarei non próximo Pleno".

A todo isto, Asemblea Nacionalista engade o "soterramento ilegal do cascallo" que levou a cabo nas primeiras semanas das obras, aínda que a Deputación afirmou despois que os materiais se trasladaron a un xestor autorizado. Todo isto, din os nacionalistas, "é impropio dunha administración pública" e "pon en evidencia que administrativamente este Concello non funciona". Belén Pazos preguntou ao alcalde sobre a responsabilidade destas "graves irregularidades", ao que o rexedor "negouse a contestar", censura a concelleira.

No hay comentarios: