viernes, 5 de octubre de 2012

Mentres uns arrasan con todo, outros traballan moi duro

Non son os primeiros casos, nin por desgraza van ser os últimos, pero fastidia cando algúns desalmados levan por diante o traballo de todo un colectivo que mira polo ben común.

Incendios; cortes nos balados e peches gandeiros; roubo de arbores recen plantados; danos en instalacións comúns... a lista é interminable. Todo iso non só supón un prexuízo laboral, se non económico, nada doado de cuantificar, porque unha cousa é calcular os gastos no intre que se efectúan estes traballos, e outro, o prexuízo que causan á larga.

Arriba unha desfeita causada sobre o ano 2000 na nosa comunidade, nas chans do Barbanza, onde alguén, ou cortaron este peche ao longo de máis de dous quilómetros. A foto foi tomada no pasado San Xoán, e como se pode comprobar, a maior parte do aramio segue alí tirado.
Faro de Vigo: Comuneiros prevén iniciar nos próximos días a reparación de Chan de Arquiña


Reparar os danos do peche de Chan de Arquiña é unha prioridade para os comuneiros de Domaio. Tras por en coñecemento das autoridades as desfeitas en varias zonas do valado que delimita o perímetro da zona, varios membros do colectivo reuníronse para determinar que labores hai que realizar para remediar as desfeitas nun período breve de tempo. Barállanse dúas posibilidades: repor os postes danados ou tratar de reparalos, a condición de que se logre una certa estabilidade. Os traballos poderían comezar a próxima semana, aínda que é necesario establecer un plan de actuación para actuar de forma "mecánica" para rematar os labores canto antes.

En total, romperon 324 metros de peche, tal e como especifica un dos comuneiros. Non obstante, é importante actuar con prontitude para que non accedan á zona os cabalos. "Non queremos que se dilate demasiado a reparación porque os cabalos están afeitos a non acceder e nuns días podar coller o hábito de novo", especifican.

En canto á investigación dos feitos, o colectivo continúa sen coñecer a identidade dos responsables da acción vandálica e aseguran que pode ser unha tarefa un tanto complicada, xa que é unha zona despoboada na que a néboa adoita ser bastante espesa. Non obstante, confían en que as fontes policiais poidan desvelar algún dato nos próximo días.

Faro de Vigo: Tentan queimar unha plantación de 9.000 carballos no monte comunal de Baíña

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.