miércoles, 14 de noviembre de 2012

Xornadas de cooperativismo no sector forestal


Descoñezo se aínda quedan prazas, de feito inscribinme o 6 de outubro.
Arousa-Norte Emprego: Os recursos do noso monte

Esta fin de semana, a sociedade cooperativa galega Xesforesta comezará a impartir as súas Xornadas de cooperativismo no sector forestal.

A Oficina de fomento cooperativo tamén aproveitará para facer unha presentación da oficina e dos servizos gratuítos que ofrece para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis o cooperativismo ou estean vinculadas a el.

Se tedes interese en coñecer os recursos que nos brinda o noso monte e credes no cooperativismo como unha oportunidade no eido forestal, non deixedes de inscribirvos nestas xornadas:

-17 de novembro, de 10 a 14 horas, en Porto do Son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.