martes, 8 de enero de 2013

Iniciativas coma esta son sempre benvidas

Tourís na súa reunión con Miguel Maquieira. Faro
Faro de Vigo: Os comuneiros de Curro expoñen unha aula formativa en traballos forestais

O presidente da Comunidade de Montes de Curro, Miguel Anxo Maquieira, expuxo onte ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, a posibilidade de realizar un curso de formación destinado a formar a veciños da parroquia en traballos forestais.

Segundo apuntou Maquieira, actualmente é necesario pór en marcha traballos de limpeza, mantemento e recuperación do monte desta parroquia situada no municipio de Barro. "Resultou moi afectado os incendios de 2006, e aínda que se fixeron algúns labores de limpeza, o certo é que nestas zonas hai moita maleza que limpar, de face a telo preparado para a próxima época estival", explicou o presidente dos comuneiros.

O obxectivo da reunión mantida onte co delegado territorial foi presentar este proxecto ante a Administración autonómica "de face a coñecer cales son os pasos a dar para solicitar a posta en marcha deste curso e a súa correspondente homologación".

Tal e como lle trasladaron a Cores Tourís, a Comunidade de Montes quere, por unha banda recuperar o monte e por outro "buscar unha solución de traballo a veciños desta parroquia, moi afectada pola crise".

O curso sobre traballos forestais e recuperación de montes sería impartido no Centro Forestal de Curro. "Queremos coñecer cales son os pasos a dar para a súa homologación, xa que se trata dun edificio que conta con aulas, almacén, accesibilidade e duchas", asegurou Maquieira.

A través do Inem

O grupo que se forme nesta aula, "que terá que ser reducido para garantir unha mellor formación", poderá posteriormente dedicarse a labores profesionais nos montes desta parroquia. "Desta maneira, os alumnos terían que ser veciños da parroquia e serían elixidos, iso si, a través do Inem", engadiu o presidente da Comunidade de Montes.

Tourís trasladoulle a existencia dun decreto polo que se crea o rexistro de centros e entidades de formación para o emprego que regula a acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego na Comunidade autónoma.

A parroquia de Curro conta, na actualidade, cuns 800 veciños mentres a Comunidade de Montes de Curro xestiona 344 hectáreas incluídas dentro do Plan de Ordenación realizado pola Xunta de Galicia. Destas 344, 192 hectáreas atópanse conveniadas coa Administración autonómica.

No hay comentarios: