martes, 28 de mayo de 2013

Cando recapacitaremos de como maltratamos a fauna e a naturaleza?

La Voz de Galicia: Identifican un novo insecticida mortal para as abellas

A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) emitiu un xuízo desfavorable contra o Fipronil, un insecticida fabricado polo grupo alemán BASF, xa que a súa utilización para protexer os sementados de millo é causa de mortalidade para as abellas.

Só cinco países da UE utilizan aínda ese insecticida para o millo: España, Hungría, Bulgaria, República Checa e Eslovaquia.

A Comisión Europea solicitara ese ditame á EFSA en agosto de 2012. Está incompleto, pero sinala «un elevado risco» comprobado para o tratamento do millo.

O grupo BASF ten agora tres semanas para responder a este ditame. A Comisión Europea someterá logo o caso do Fipronil a un comité de expertos da UE para unha decisión o 15 ou 16 de xullo, indicaron os servizos do comisario encargado da Saúde, Tonio Borg.

A Comisión Europea (CE) decidiu xa prohibir durante dous anos a partir de decembro o uso de tres pesticidas mortais para as abellas, comercializadas pola farmacéutica alemá Bayer e a suíza Sygenta.

O veto comeza o 1 de decembro e baséase nun informe da Axencia europea de seguridade alimentaria. Involucra a tres praguicidas da familia dos neonicotinoides comercializados en Europa por Bayer e Syngenta: clotianidina, tiametoxam e imidacloprid, que poden ser mortais para as abellas pero non provocan danos na saúde do ser humano.

No hay comentarios: