lunes, 13 de mayo de 2013

Que pouco respectamos a Natureza

Un novo vertido de escombros nunha pista de carracedos, a penas a uns metros da n-550
M. Angueira

Temos un deber cívico incuestionable cara ás futuras xeracións, respectala natureza tal e como fixeron os nosos ancestros, e que apenas se note o noso paso por ela. Na nosa comunidade non é tan habitual nin preocupante, mais non hai que descoidarse porque tamén pasa.
Diario de Arousa: Os chatarreiros sementan tamén de verteduras os montes de San Miguel

O problema dos vertedoiros incontrolados que contaminan os montes non entende de límites territoriais. En Caldas localizáronse nas últimas semanas vertidos de rodas, cascallos da construción, electrodomésticos e mesmo vísceras de animais en estado de putrefacción. Pero na localidade veciña de Valga tamén están a padecer un problema similar. En concreto, nos montes comunais de San Miguel, onde son as persoas que se dedican a recoller chatarra as que están a xerar verdadeiros prexuízos ambientais.

«É unha secuela», afirma o presidente da Comunidade de Montes, Manuel Aboy, que na próxima asemblea pedirá aos comuneiros da parroquia que se absteñan de entregar aveños e electrodomésticos aos chatarreiros xa que, moitos deles, acaban despois ensuciando as zonas forestais e é a entidade a que ten que facerse cargo da súa retirada se non quere arriscarse a unha sanción económica. «En caso de non identificar ao autor do vertedura, o responsable é o propietario do terreo?, confirma Aboy, e isto leva gastos para a Comunidade de Montes. O presidente dos comuneiros solicitou ao Seprona que incremente a vixilancia nos montes, pero «non dan abasto. Son catro» para cubrir «seis ou sete concellos, e así é imposible».

Antes eran os propios veciños os que, de forma irresponsable, provocaban verteduras, pero «agora iso témolo máis ou menos controlado. Ás veces tiran restos de poda ou de obras nos camiños», pero sen chegar á gravidade de xerar auténticos vertedoiros incontrolados. «A secuela agora son os que venden chatarra», ratifica Manuel Aboy.

Aos cidadáns lémbralles que «en Valga existe un Punto Limpo» no que depositar residuos e que «o Concello pasa a recoller todo tipo de residuos pola porta da casa de xeito gratuíto», polo que cre que non hai escusas para non respectar a contorna.

Tamén en Valga, aínda que na parroquia de Setecoros, saíu á luz a comezos de semana un vertedoiro incontrolado con todo tipo de residuos nunha área de descanso da N-550. Os traballos roce da maleza acometidos por operarios de Estradas permitiron destapar este foco de contaminación. Aínda que inicialmente apuntouse que sería Estradas a encargada de limpar a zona, non será así. De feito, o lixo segue esparexido pola zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.