viernes, 3 de mayo de 2013

Tanta «merda» non carrexa nada bo!!!

Abellas recollendo polen
Foto: © ojodigital
La Voz de Galicia: «Algún fitosanitario para protexer ou millo afecta ás abellas»
A comisión europea vén de prohibir tres pesticidas que conteñen neonicotinoides. Son insecticidas que se utilizan desde os anos 90 e que os expertos consideran responsables da alta mortalidade de abellas que se vén detectando desde hai anos. Juan Antonio Santos é enxeñeiro técnico agrícola e profesor no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco, onde é responsable da área de fitopatoloxía.

-Como valora a prohibición?
-É unha noticia que celebran os miles de abelleiros, porque é unha normativa que vai redundar no beneficio das abellas, e poren, dos consumidores.

-Cal é o problema cos neonicotinoides?
-Nos últimos años obsérvase en todo o mundo desenvolvido unha gran mortalidade de abellas, as colmeas van a menos en todas partes e na procura do motivo hai moita xente especializada e moitos estudos. Algúns indican que a utilización de certos pesticidas químicos na agricultura ten unha relación directa co problema das abellas. Os nicotinoides fan que morran fóra das abellarizas, que non volvan. Esa era unha gran incógnita. Non se sabía o que lles estaba a pasar e por que se perden polo camiño. Agora sábese que hai unha alta probabilidade de que esa substancia provoque desorientación dos insectos.

-Vai afectar aos agricultores esta prohibición, que é para dous anos?
-Efectivamente, algún fitosanitario para protexer o millo afecta ás abellas. Son os que teñen nicotinoides, que son substancias derivadas da nicotina, sintetizadas de xeito artificial. Entre as súas propiedades está a protección do cultivo durante un longo tempo. O uso dalgúns produtos vai estar restrinxido, pero no mercado hai outras substancias e outras técnicas alternativas e penso que os agricultores non deberían preocuparse. O prazo de dous anos é porque consideraron que é tempo suficiente para poder demostrar se efectivamente o problema das abellas está producido por esa substancia.

-Como vai ser a campaña que agora empeza?
-A floración leva atraso no caso dos eucaliptos, pola baixa temperatura. Isto é bo porque as abellas van aproveitarse máis destas árbores. Non obstante, o millo vén tarde, cando están máis activas. Aínda que non é unha planta que visiten tanto, si lles afectaría no caso de que se aplicaran os fitosanitarios que foron prohibidos pola Comisión Europea.

-Cal é a importancia das abellas?
-En Estados Unidos hai estudos sobre a diminución de produción agrícola pola falta de polinización, sobre todo no sector da froita. Non hai que esquecer que en moitos cultivos as abellas son os únicos polinizadores seguros, como é o caso do melón. O ecosistema tamén estase a ver moi afectado porque a meirande parte das plantas silvestres dependen destes insectos para poder reproducirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.