viernes, 31 de mayo de 2013

Todo preparado en Carnota para acoller unhas Xornadas que se agardan "históricas"



A Asociación Monte Pindo Parque Natural e os seus coordinadores Natalia Conde, Carlos Galbán e Mario Maceiras están a ultimar todos os flocos para a inauguración, o sábado ás 09:30 horas no Salón de Actos do Concello de Carnota, das Xornadas de Historia e Patrimonio "De Castros a Castelos" que agardamos que serán históricas, e non só polo xogo de palabras obvio derivado dos seus contidos.

Os expertos coinciden en que é a primeira vez que se organiza en Galiza un curso tan completo e intensivo sobre unha época da nosa historia tan ampla e frutífera, pois pariu a maior parte dos restos arqueolóxicos que hoxe en día aínda están a ser descubertos, como o caso da enigmática Torre dos Mouros en Lira ou a inmensa fortificación amurallada no Monte Pindo, tan grande coma a muralla de Lugo, para defender... aparentemente nada... Sigue

No hay comentarios: