domingo, 26 de mayo de 2013

Votar en furna é un dereito dos comuneiros e comuneiras

Cando algunha xuntas reitoras queren ter controlado o votos dos comuneiros, optan por obrigalos a votar a man alzada, para así ter un «mellor control» dos díscolos e conseguir que, algún indecisos que non queren ser «marcados», varíen o seu voto á última hora. Aquí pasounos co tema dos bancos da Igrexa, que o presidente non estaba pola labor, e quixo que se votase desa maneira, conseguindo que en nas dúas primeiras asembleas marchase a xente, mais terceira foi a definitiva. O punto saíu adiante, con gran desgusto para el.

Isto mesmo intentouno na asemblea celebrada o 15 de setembro de 2012, co punto para aprobar metelos porcos no monte, porén unha comuneira paroulle os pes e díxolle que ninguén tiña porque coñecer a súa intención do voto. O presidente ao final claudicou, mais mandar a unha reitora polo medio da xente con unha caixa de cartón e que fosen tirando nela o seu voto os comuneiros, no foron xeitos, porque votaron tanto os que estaban inscritos, coma os que chegaron tarde e polo tanto non podían votar. O deber do secretario e presidente era actuar como se fixo sempre, dar lectura á lista de asistentes, pero claro, esa foi outra, presuntamente non houbo quórum e se o houbo, foi porque atrasaron o comezo da asemblea 25 minutos.

Non sei como actúan noutras comunidades, porén aquí a última tamén é non recoller as intervencións dos comuneiros presentes, e si as dunha «pantasma»: Afirmo isto con rotundidade, porque o directivo de Asoporcel que mencionan que falou na asemblea para «convencernos das bondades» da inversión non apareceu polo local e tampouco houbo vídeo-conferencia.


Foto da acta do 15 de setembro de 2012
2º punto. Intervén aquí o coordinador Xeral de ASOPORCEL José Antonio Carril explicando con fotos e comentarios cómo sería o proxecto de ceba de porcos celtas nos montes da nosa Comunidade.

Fai unha ampla exposición informativa do traballo que farían os porcos no monte, da riqueza da súa carne e tamén informa da duración do proxecto, que seria un mínimo de tres anos; do seu custo, é que tamén participaría a Xunta de Galicia, a Comunidade de Montes de Nebra, a Universidade de Santiago de Compostela e CETECA. Rematada a intervención (na que respecto ao seu custo aludiu ás cantidades totais do proxecto) comentamos na asemblea máis polo miúdo as cantidades que lle correspondería aportar á nosa Comunidade, así como os pros e os contras que nos podería supor tal proxecto.

Iso si, despois o presidente ousa «danos clases maxistrais» na revista da ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADES DE MONTES.

Opositores de Porto Cabral reclaman o voto en urna dos comuneiros

As voces en contra de Porto Cabral van en aumento e os opositores ao proxecto gañan adeptos a medida que se achega a asemblea na que os comuneiros votarán a expropiación dos terreos. Decenas de veciños percorreron onte pola mañá a parroquia cunha andaina convocada "pola defensa do monte" e reclamaron que o vindeiro domingo, día 26, a votación realícese en urna para garantir a decisión "libre" dos comuneiros.

A camiñada comezou ao once da mañá no atrio da igrexa de Cabral e desde alí os manifestantes marcharon até o parque forestal de Cotogrande. Con lemas como "o monte non véndese" ou vendese moito fume", os participantes contaron tamén cun grupo de gaitas como parte da animación. "Foi un éxito rotundo, pero non buscamos éxitos, o que queremos é democracia e liberdade para decidir", afirmou José Manuel Estévez, presidente da Plataforma de Afectados de Liñeiriños, terreos que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) destina a parque comercial. Estévez insiste en que a intención non era manifestarse contra o proxecto, senón reclamar unha asemblea explicativa ao presidente da Comunidade de Montes de Cabral. "Imos entregar entre 400 e 500 firmas, todas de comuneiros, pedindo que se vote en urna", engade.

A asemblea do pasado 21 de abril, na que estaba previsto decidir sobre os 300.000 metros cadrados que o grupo investidor Eurofund Investments necesita, non se puido celebrar ao ser boicoteada por un grupo de 40 persoas. A cita foi trasladada para o 26 de maio, pero José Manuel Estévez xa avanza que haberá concentración e manifestación" ante as portas do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), onde está previsto que os 780 comuneiros con dereito a voto acudan á asemblea. O presidente da plataforma de afectados tamén asegura que antes de decidir "teñen que ensinar o proxecto para que todos saibamos en que consiste".

Eurofund xa mantivo contactos coa Comunidade de Montes para expropiar os terreos que necesita para o seu macrocomplexo de lecer e comercio, posto que gran parte do proxecto levantaríase sobre o monte comunal. O grupo británico calcula un investimento inicial de 500 millóns de euros e 3.000 postos de traballo tan só durante a construción. As cargas urbanísticas que soporta Liñeiriños superan os 15 millóns de euros, segundo fixa a PXOM, e reverterían directamente na Cidade do Deporte de Valadares, a nova Rolda de Vigo e o seu acceso ao aeroporto de Peinador.

No hay comentarios: