lunes, 20 de mayo de 2013

Xeira pola minaría romanas do ouro na Groba


SOSGROBA: Este sábado, 1 de xuño, teremos unha xeira pola serra da Groba para ver a minaría romana na zona de Pinzás, así como o rico patrimonio inmaterial, arqueolóxico e natural que atesoura a Groba nesta parte da cara leste da serra.

Coa ameaza da minaría destrutiva á vista, teremos ás 10 h. unha pequena charla introdutiva antes de pornos a camiñar. Despois, iremos vendo o rico patrimonio e a paisaxe que temos en terreos de Pinzas e Vilachán, en Tomiño, e achegaremonos ao punto onde se xuntan os concellos de Baiona, Gondomar, Oia e Tomiño, no Corno Ladredo, onde poderemos ver unha posible forma de explotar os recursos mineiros que non era tan destruitva coma a que agora nos ameaza. Veremos uns muíños naviculares de termo fixo, que probablemente estaban ligados ao aproveitamento de algún tipo de mineral que aínda non temos constatado, pero que por analoxía podemos comparar con outros que si están comprobados, ligados a explotación do ouro polos romanos en Pino del Oro, en Zamora. Si veremos, tamén, os Buratos dos Mouros, unha especie de Médulas que temos en Pinzás e Vilachán, con grandes movementos de terra e mineral para explotar ouro. Mámoas, regueiras e fontes, e a toponimia que nos informa do que é e/ou o que foi o territorio e nos fai ver de outro xeito todo o que nos rodea cando sabemos como se chama cada lugar, cada recuncho, cada outeiro, cada fonte. Información, as veces codificada, que aportaa moitos datos para a investigación científica en moitos campos, non só na arqueoloxía, bioloxía, xeoloxía e lingua.

Agardamos que o tempo acompañe e poidamos gozar durante todo o día dunha xornada de lecer, instrutiva e reivindicativa.

Animádemos e acudide con calzado e roupa axeitados, ganas de andar, xantar e bebida para o camiño.

Mapa para chegar á Casa do Pobo de Pinzás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.