miércoles, 12 de junio de 2013

Dez mil euros, non é calderilla



Está claro que alguén non di a verdade e pola miña experiencia vivida na comunidade cando fixemos algunha cesión ninguén nos adiantou nada, todo o contrario, como teño criticado, mesmo houbo dous empresarios que se marcharon de «rosetas» por abandono de responsabilidades dos presidentes.

Que os propietarios do monte non fosen invitados á inauguración xa é un dato a ter en conta.

La Voz de Galicia: Comuneiros de Xuño e a empresa dos parques eólicos singulares discrepan sobre o pagamento do canon

Os parques eólicos singulares que se inauguraron a semana pasada atópanse en terreos da comunidade de montes de Xuño, unha entidade que recibe un canon da empresa que instalou os aeroxeradores. Con todo, o cobro desta cantidade xerou un conflito entre ambas as partes, xa que os comuneiros reclaman á firma unha débeda de 10.000 euros mentres que os responsables da empresa negan tallantemente que haxa algún pagamento pendente.

A comunidade de montes felicítase pola entrada en funcionamento dos muíños inaugurados hai uns días, pero asegura que ten «serios problemas para cobrar» o canon que se estableceu no contrato asinado no 2003 coa firma: «A empresa comezou a pagar no 2009, logo de que a comunidade tivera que reclamarlle o pago de parte do canon do 2007 e a totalidade do 2008».

A pinga que, aseguran os comuneiros, colmou o vaso é que a cota correspondente a este ano abonouse en abril, «con catro meses de atraso sobre a data estipulada no contrato», e que se ingresou unicamente unha parte da cantidade acordada, «debendo nestes momentos á comunidade de montes máis de 10.000 euros».

Pola súa banda, a empresa que puxo en marcha os parques eólicos singulares rexeita de plano a acusacións da entidade sonense e nega taxantemente que deba importe algún. O responsable da firma explica que o que se fixo foi descontar unha parte do canon que xa se abonou con antelación. Segundo o contrato, o pagamento da contía establecida por ocupar os terreos comezaría en canto arrincasen as obras para instalar os aeroxeradores e, no caso do parque eólico da Pobra, estes abonos realizáronse antes do inicio dos traballos, polo que agora a empresa desconta as cotas adiantadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.