sábado, 29 de junio de 2013

Toda precaución é pouca


Prece mentira que na era da información haxa xente que descoñeza que dende o día 25 están prohibidas as queimas controladas, aínda que se dispoña de permiso.
La Voz de Galicia: Un home sufriu queimaduras de segundo grao ao prender lume á maleza dunha leira

Un gran operativo de urxencia púxose onte en marcha en Praia Xardín, Boiro. Un home de ao redor de corenta anos, e que responde ás iniciais J.J.M.A., sufriu graves queimaduras ao prender lume a uns restrollos nunha leira da súa propiedade. Os feitos ocorreron ao redor das oito da tarde. Produciuse unha gran combustión e as chamas causáronlle queimaduras de segundo grao na cara e nos brazos.

Os berros do home alertaron á súa muller e ás persoas que se atopaban na praia. Algúns correron cara a el para socorrerlle e botarlle auga sobre o corpo. Os bombeiros de Boiro, Protección Civil e Policía Local tamén se desprazaron ao lugar. Un helicóptero do 112 trasladou ao ferido ata o centro de saúde do Saltiño, pero debido á gravidade das queimaduras tivo que recibir atención médica no Clínico de Santiago de Compostela. Ao peche desta edición descoñecíase se o home necesitou ser trasladado á unidade especializada de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Ao parecer, permaneceu consciente en todo momento.

No hay comentarios: