martes, 18 de junio de 2013

Xornada de comercialización de produtos e variedades locais

©: laspain
O vindeiro sábado 22 de xuño terá lugar en Rábade unha nova xornada dentro do proxecto de cooperación "Nuevos Horizontes", organizado pola Asociación Terras de Lugo en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio.

De 10:00 a 14:00 h. teremos unha feira de produtos locais e artesanais nos pendellos do campo da feira de Rábade.

Xa de tarde, de 16:30 a 18:30 h. contaremos con intervencións de axentes implicados no desenvolvemento do sector agroalimentario do territorio e un foro de debate aberto sobre canles curtas de comercialización e produción de variedades autóctonas e locais.

Agardamos que resulte do voso interese.

Ligazón

No hay comentarios: