viernes, 13 de septiembre de 2013

Lume nas Comunidades de Montes de Noal e Baroña

Terrible a noite vivida o día 11 no Poblado e Laxieles, en pleno casco urbano do Concello, por mor dun incendio, que na mañá do día 12, aínda se albiscaba a cortina de fume dende Nebra. O lume arrasou a zona coñecida como Pozos da Garda onde se atopa este petróglifo, levando por diante un espazo que @s comuneir@s de Noal, coidaban con sumo esmero, xa que, habían plantado diversas especies de árbores autóctonas. Castiñeiros, nogueiras, sobreiras, carballos, etc. Polas vistas e polo petróglifo, é unha ruta de sendeirismo moi visitada por turistas e nativos.
As imaxes de arriba, da zona agora desbastada, foron tomadas nunha das visitas guiadas das Xornadas de Historia que se viñan celebrando no Concello.
Petróglifo fotografado o mesmo día, e a dereita vistas dende o peirao o día 8. Como se pode ollar a zona estaba limpa, máis non foi impedimento para que o lume arrasase con todo. Grazas a iso, o impacto sobre el, ao contrario que noutras zonas, pode ser clave na súa conservación.
O lume tamén rodeou a casa coñecida como da "Forestal", propiedade da Comunidade de Montes de Baroña, o Campo de fútbol do Preguntoiro, os edificios de Cáritas e obrigou a evacuar a unha señora que ten a casa ao seu carón. No seu camiñar sen control, mesmo levou por diante leiras de millo na Arnela. No Campanario tamén obrigou a evacuala escola e nesta aldea atopamos máis petróglifos: Os da Gurita. Descoñezo se chegaron a ser afectados.
O incendio foi provocado de noite, con miras claras a facelo maior dano posible. Os únicos medios aéreos que se ollaron unha vez que puideron actuar foron 2 hidroavións.
Hoxe pola mañá divisábase outra fumareda, neste caso procedente dos montes de Queiruga, e Caamaño afectando no primeiro caso a un parque eólico, e segundo me comentaron, rodeou a aldea de Xestas un referente de sostenibilidade na zona. Contra o mediodía debeu pasar aos Chans do Barbanza, a pesar de que había 4 hidroavións e un helicóptero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.