jueves, 7 de noviembre de 2013

Época de fungos: charlas na Eira da Xoana e na parroquia de Bermé

La Voz de Galicia: «Non hai unha zona que sexa o paraíso das setas»

Impartirá sendas charlas na Eira da Xoana e na parroquia de Bermés sobre as especies máis comúns de fungos

Convidado polas directivas da Eira da Xoana (Ramil, Agolada) e polo colectivo de La Unión de Bermés, en Lalín; Alberto Granja impartirá sendas charlas o sábado en Ramil e o domingo no local social da parroquia lalinense a partires das 12.30 horas.

-¿Cal será a estrutura destas dúas charlas?
-Eu non son un grandísimo especialista. Son unha persoa que leva moitísimos anos saíndo e que me gustan non só ás setas senón tamén o medio vexetal. Tentarei pois que estas charlas sexan amenas e que a xente se quede con tres ou catro ideas e que adquira unha seguridade á hora de ir ao campo. Poñer sesenta fotografías de setas diferentes non vale para nada. A idea e poñer tres ou catro especies que hai que coñecer para ben e para mal e logo saír ao campo e gozar coas saídas.

-¿Hai zonas nas que proliferan máis unhas especies ca outras?
-Non é o mesmo a zona de Ourense, por exemplo, que Deza ou Antes de Ulla que é por onde me movo. Hai zonas máis térmicas e máis frías pero non hai unha zona que sexa o paraíso das setas. É certo que tanto Deza coma Antas son boas zonas de setas nas que un afeccionado á recollida das mesmas, e a andar por bosques e carballeiras, o pode pasar moi ben. Os cataláns que teñen gran afección polas setas desfrutarían moitísimo vendo a grande variedade delas que temos aquí.

-¿Existe un amplo coñecemento das mesmas?
-O que máis coñece o gran público son os champiñóns e as lepiotas que hai nos prados, e os boletus dos soutos e carballeiras pero tamén hai xente que controla moito, que estudou a fondo e posúe coñecementos de 50 ou 60 especies. Se queres saber non che queda outra máis ca sentar e estudar a fondo e profundar no tema.

-Algunha especie rara atopada recentemente na zona...
-Dous grupos de setas, non comestibles, pero ben curiosas que atopou un amigo e que pesaba unha corenta quilos e a outra trinta. Tamén tentei identificar, vía on line, unha seta de cor violeta que encontrou outro colega pero non o conseguín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.