miércoles, 6 de noviembre de 2013

Proxecto mineiro en Presqueiras-Forcarei

ORGACCMM: CMVMC SAN MIGUEL DE PRESQUEIRAS Forcarei-Pontevedra

Estimados Señores:

tras o escrito recibido pola nosa cmvmc na que nos solicitan información sobre o proxecto mineiro, agradecer o seu interese e comunicarlles que a día de hoxe non dispoñemos de máis información cá aparecida na prensa e na propia páxina web de Solid Mines, aínda que esta difire lixeiramente do contado a nós nas reunións por esta empresa.

Hasta onde nós sabemos o proxecto acaba de concluír a fase de investigación e agora empeza a fase de explotación, para o cal entendemos que ten que solicitar os correspondentes permisos municipais e autonómicos, momento no cal teremos información detallada e obxectiva do proxecto.

Ata o día de hoxe na nosa cmvmc acordouse en asemblea permitir a fase de investigación sin máis atrancos ca o pago dun canon por sóndeo e movemento de terra efectuados, xa que esta fase apenas é agresiva co medio e o impacto apenas é perceptible, considerando que é de interese para a cmvmc e para o país coñecer os recursos do noso subsolo.

Acabada esta fase sabemos que a empresa sigue cunha actividade moi limitada e só de vez en cando se rompe esta quietud con algún artigo na prensa. Cando haxa algún movemento real e con efectos administrativos será a hora de valoralo como comunidade de montes, xa que non podemos a día de hoxe falar dun proxecto que ninguén podemos saber en que vai consistir.

Como presidente ou comuneiro, a miña opinión, é que a fase de explotación está moi lonxana. Solid mines non é unha empresa explotadora, é máis ben investigadora, necesita dun socio que aporte o capital e os medios, de ahí as súas aparicións na prensa decindo o que hai e o que non hai. Dudo moito que a curto prazo se vaia proceder á explotación.

No caso de chegar a ese punto de explotación habería que ter en conta varias cuestións:

A primeira é que se trata dun material altamente estratéxico, polo que a primeira petición sería que o Estado fixera uso do dereito de quedarse para si esa explotación. Máis alá da parte económica por materiales coma o lítio e o manganeso estanse librando guerras silenciosas e considero que dada a importancia estratéxica debería nacionalizarse.

A segunda é que esixiremos que medioambientalmente fora unha explotación punteira e das máis esixentes de europa, recabando o asesoramento de expertos na maneira de propor esas limitacións.

A terceira é que esa explotación debería ir acompañada dunha inversión estatal e non só da empresa concesionaria no ámbito da nosa parroquia.

A cuarta é valorar a ubicación exacta da explotación (de ahí ser necesario un proxecto concreto sobre o que debatir, que a día de hoxe non existe). Non é o mesmo que este proxecto se desenrole sobre unha antiga zona mineira abandonada dende os anos 70 a que se desenrole afectando a zonas de rede natura, opcións presentes no noso ámbito territorial. A ubicación pode variar moitísimo a consideración do proxecto.

En principio e atendendo á fase de investigación desenrolaríase sobre unha antiga explotación mineira abandonada, co cal o impacto sería asumible, xa que as galerías, balsas e zanxas no terreno xa existen na actualidade, algunhas delas con gravísimos riscos que nos levaron a solicitar ante a consellería de industria o seu valado e peche, acto que nunca realizaron.

Creo que habería moitísimas máis consideracións a valorar, pero volvemos ao do principio, sin un proxecto físico sobre o que debatir carece de sentido posicionarse.

Agardemos a ter máis información e agradecerlles a súa preocupación e bo facer. En caso de dispor de máis información porémonos en contacto con vostedes para informalos e recabar tamén a súa opinión. Un saúdo.

Presidente.

Faro de Vigo: Solid Mines culmina a extracción de 100 toneladas de mineral dunha vella galería de Presqueiras

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.