miércoles, 15 de enero de 2014

CMVMC Brión e Doniños (Ferrol)


ORGACCMM: Lexislación. Unha aclaración do avogado Calixto Escariz encol de probar o aproveitamento histórico e o uso actual do monte a favor da Comunidade veciñal.

Ola Celso:

Estaba a ler a noticia enviada polos compañeiros da Comunidade de Montes de Brión e crin conveniente facer unha aclaración.

1º.- Son montes veciñais en man común os que con independencia da súa orixe e uso actual se viñeran aproveitando polos veciños de forma colectiva.

2º.- É certo que nun primeiro momento o procedemento de clasificación esixía probar o aproveitamento histórico e o uso actual do monte a favor da Comunidade veciñal. Polo tanto quedaban excluídas de clasificación as parcelas sobre as que non se probase o aproveitamento histórico ou o uso actual por parte da Comunidade.

3º.- En canto ao aproveitamento histórico, á data actual existen poucas dúbidas acerca de que o expediente de excepción de vendas é documento abondo para probar o aproveitamento histórico dos montes polas Comunidades propietarias. Aquelas Comunidades sobre cuxos montes non se tivese instruído o devandito expediente, proban o seu aproveitamento inmemorial a través doutros medios tales como o catastro do Marques de la Enseñada, etc.

Os Xurados de Montes practicamente non esixen proba en orde a acreditar o aproveitamento histórico dos montes polas Comunidades de veciños, establecen a presunción do devandito aproveitamento respecto dos montes inventariados como de titularidade municipal e cuxo título de dominio a favor do Concello sexa posesión inmemorial.

4º.- O concepto de uso actual como requisito para a clasificación resulta moito máis difuso. No contexto actual moitos montes son aproveitados para fins unicamente lúdicos ou recreativos polo que dificilmente pódese falar dun uso actual exclusivo a favor da Comunidade propietaria. Doutra banda a titulación dos montes veciñais a favor dos Concellos derivou nunha municipalización dos mesmos que se fai extensiva a que sobre estes se proxectasen numerosas instalacións de carácter público cuxo uso non corresponde en exclusiva aos veciños da parroquia ou lugar senón ao conxunto dos veciños do Concello (campos de fútbol, cemiterios, etc.).

A definición precisa de que debemos considerar como bens detraídos do aproveitamento ou uso actual da Comunidade aos efectos da súa non clasificación veu dado polas sentenzas do Tribunal Supremo con motivo dos recursos de casación que afectaron os polígonos industriais de Mos (Comunidade de Montes de Dornelas, e Tameiga), canteiras de Porriño (Comunidade de Montes de Atios e Budiño), aeroporto de Peinador (Comunidade de Montes de Cabral, Torroso e Guizán). O Tribunal Supremo considerou que estas instalacións estaban detraídas do uso actual da Comunidade tanto desde o punto de vista xurídico como físico. Estábano xuridicamente dado que o Concello dispuxera por un título xurídico (contrato de cesión) a favor dun terceiro que se dicía titular das mesmas (alugueres naves industriais, alugueres canteiras, titularidade ministerio do aeroporto, titularidade ministerio do Cuartel de Figueirido, ?). Estábano igualmente fisicamente dado que sobre as mesmas proxectábanse construcións ou instalacións dese terceiro posuidor de boa fe e por tanto sobre conséntelas non se mantivo no tempo o uso inmediato pola Comunidade de veciños.

A razón da sentenza do Supremo é simple de entender desde unha perspectiva da comprensión do procedemento xudiciais e administrativos. Os procedementos administrativos non permiten coñecer de cuestións de propiedade cando existan titularidades contraditorias. En consecuencia o Xurado non pode constituír título válido a favor da Comunidade de Montes cando existe un título dun terceiro que en aparencia é igualmente válido e anterior no tempo. Só corresponde aos xuíces determinar a nulidade ou invalidez dese título e en consecuencia atribuír a propiedade en exclusiva a favor da Comunidade. Por esta razón as Comunidades que che indiquei víronse abocadas a acudir a un procedemento de propiedade ante o Xuíz para que declarase a nulidade dos títulos deses inquilinos, canteiros, administración do Estado e declarase a súa propiedade exclusiva sobre o monte.

O Xurado nunha interpretación equivocada e extensiva dos criterios de exclusión da clasificación de montes entendeu que esa detracción do uso actual viña dado por calquera falta de uso inmediato por parte da Comunidade, por exemplo que houbese un campo de fútbol, que estivese asfaltada para recintos de aparcadoiros, etc.

A modo de anécdota direiche que con motivo dun expediente de clasificación dunha Comunidade de Montes na zona de Tomiño eu asistín en representación da Comunidade á reunión do Xurado e comecei a miña intervención dicindo que os membros do Xurado eran tan necios que estaba convencido que non ían clasificar a parcela que pediamos dado que na actualidade a parcela atopábase asfaltada. Continuei dicindo que a conversación do Delegado Provincial e do Alcalde provocaría un asfaltado da zona e que as máquinas chegaran antes que a reunión do Xurado. Concluín dicindo que se a reunión do Xurado celebrouse unha semana antes o terreo estaba terra e por tanto fora clasificado e no día da data ao estar asfaltado o criterio do Xurado sería non clasificar. O meu comentario evidentemente tiña como conclusión que non había que ser o mellor avogado do mundo que para darse conta que cando o Tribunal Supremo falaba de detracción do uso actual non se refería á payasada que executaran o Delegado e o Alcalde.

5º.- A sentenza que citas e outras moitas axustaron en razón do devandito polo Tribunal Supremo que debe considerarse como falta de uso actual aos efectos de non clasificar unha parcela como monte veciñal en man común. Pero na miña opinión non existe dúbida, só non deben ser obxecto de clasificación as parcelas sobre as que o Concello antes da incoación dispuxo legalmente a favor de terceiros e así mesmo estes terceiros adquirentes ocupáronas con instalacións ou construcións da súa titularidade.

É unha pena que os membros dos Xurados teñan tan escasa formación xurídica ou tan mala intención que as súas resolucións privasen de recuperar parcelas de monte a Comunidades propietarias só polo feito de que fisicamente e non xuridicamente estean ocupadas por equipamentos públicos.

En todo caso as parcelas detraídas do uso actual legal xurídica e fisicamente son monte veciñal en man común, pero a vía para a súa reclamación é o procedemento ordinario de propiedade.

Animo a todos.

Calixto Escariz Vázquez

No hay comentarios: