A Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM), apoia as manifestacións que, convocadas pola Alianza Social Galega, vanse celebrar o dia 27 de Febreiro de 2014, en diversas localidades.
A ORGACCMM apoia estas manifestacións xa que no Manifesto, ademais de criticar o recorte das pensións, os retrocesos no ensino público, as agresións á sanidade pública, a paralización da lei de dependencia, a privatización dos servizos públicos municipais, o ataque ós dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, contempla a defensa do medio rural e maniféstase contra a privatización da xestión dos montes veciñais.
CADRO DAS MANIFESTACIÓNS
COMARCA HORA LUGAR DE SAÍDA________
Ourense 19:30 Pavillón dos Remedios
Pontevedra 20:00 Praza da Ferrería
Santiago 20:00 Alameda
Ferrol 20:00 Praza España
Coruña 20:00 Casa do Mar
Lugo 20:00 Ronda da Muralla
Vigo 19:30 Vía Norte
Arousa 20:00 Avda. Mariña
Burela 19:30 Praza do concello
Ribeira 20:00 Estación de Autobuses
A ORGACCMM, chama á veciñanza comuneira a que participe nestas manifestacións "Por outra saída da crise".
O presidente da ORGACCMM
Xosé Alfredo Pereira Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario