sábado, 19 de julio de 2014

Nebra, se de esta non espertas, é cousa de pensar en facelas maletas!!!

Levamos ano e medio sen celebrar unha asemblea, sen aprobalo censo e sen presentarnos as contas, e por riba, atopámonos con que o presidente nunha reunión de taberna ás que está tan acostumado cedeu pola súa conta e risco, e sen darnos contas a día de hoxe, sobre unhas 80 Has., a un grupo de gandeiros aos que o xefe do Distrito, tendo coñecemento desta cacicada deulle o material (barras de ferro e malla) para facelo peche nesa zona, metendo no medio terreos doutra comunidade.

Xa con outra xunta reitora pasou algo parecido, que cedeu o monte de Cadeiras sen ser aprobado pola Asemblea Xeral a unha empresa para extraer pedra para o peirao de Portosín, e só despois de que uns comuneiros comezasen a removelo tema, en troques a citada empresa abriunos a pista da Igrexa á Perdigueira, cando en realidade iso era unha obriga do Concello. Cada vez quedamos menos que lembramos como rematou aquilo e os cartos que cobraron uns, a pesar de que xamais obtivesen unha sentenza condenatoria contra aquela xente. Para cobrar chegoulles coa súa palabra.

Pola contra no meu caso, obtendo unha sentenza condenatoria a favor da comunidade como foi a recuperación da leira onde construímos o local. A día de hoxe o presidente segue negándome eses cartos, algo que tamén fixeron os que nos precederon porque non era da súa corda, e este «elemento» trabucouse comigo pensando que lle ia permitir asoballarme e asoballarnos por ter un título. Hora que ollando como a xente lle cala, está claro que estao conseguindo.


Cando pos ao fronte dunha Comunidade a un «incompetente», que descoñece a nosa Historia pasan estas cousas. A zona que regalou tan alegremente, grazas a unha subvención foi cercada e labrada para facer un plantación, procedendo alguén de noite con premeditación e aleivosía a cortala con unha motoserra cando xa tiña os aramios tirados e destruíndo as miles de plantas de piñeiro que a empresa que ía executalo proxecto tiña apiñadas nos semilleiros. Vexase a desfeita e o panel.
Non obstante hai que recoñecer que soubo escoller aos "caladiños", porque se esta cacicada vez de facela el, que é do BNG, a fixera eu, ou calquera outro, quen os vería vir a defendernos deste roubo?

O problema é que logo de que A Xunta de Fraga acadase sentar na mesma mesa a tódolos gandeiros cos comuneiros e desde esa gozásemos dunha paz relativa, agora volven os enfrontamentos entre eles, con nós polo medio, porque esa xente sabendo que o monte é noso e que lle reclaman insistentemente ao presidente que convoque esa Asemblea Xeral de xeito urxente, segundo palabras do xefe do Distrito poden negarlle a entrada a outros, aínda que sexan comuneiros. De feito o presidente nos peches do Castrallón mentres permitiu aos seus amigos, un mesmo de Argalo, meter alí aos seus animais, a un comuneio de Resúa botáballos fora, mais dou con un máis testán que el.

Notase que o seu paso por aquí creou escola, porén para o mal. Magoa que tras estar metido na ORGACCMM e a presidir a Mancomunidade de Montes da Serra do Barbanza non aprendese o que é a Democracia e sobre todo respectar aos comuneiros e comuneiras, como fixeron nestas comunidades.


La Voz de Galicia: Comuneiros e Defensa enterran a machada de guerra tras 6 anos de disputa

Onte asinouse o convenio polo que o ministerio abonará un canon anual

Foi un acto sinxelo ao que non puideron asistir os medios de comunicación por expreso desexo de Defensa o que onte puxo fin ao pulso que, desde hai aproximadamente seis anos, manteñen os comuneiros co ministerio pola propiedade dos terreos da Brilat. Representantes de Defensa e das comunidades de Salcedo, Vilaboa e Figueirido -os de San Xulián espérase que o fagan hoxe ou mañá- asinaron o convenio polo que as autoridades militares comprometen un canon anual polo uso da parcela que ocupan as instalacións da brigada.

«É un día histórico, como o foi o da derogación do decreto da franxa de seguridade -o seu implementación en outubro do 2008 deu lugar ás reclamacións veciñais da titularidade dos terreos da base- ou como foi o da sentenza na que se recoñece a propiedade do monte», subliñou Fernando Pintos, presidente de Salcedo. «Espero que a partir de hoxe quede isto zanxado por un período o máis longo posible. Agora quédanos facer un seguimento estrito do que é o convenio. Unha paz durareira nese sentido, que nos facía falta», engadiu.

Unha das cuestións que supervisarán os veciños de Salcedo ao longo dos próximos meses atópase na demolición da aldea afgá e do campo de tiro, que se desprazarán a outras áreas da superficie cedida aos militares. No propio convenio recóllese que, unha vez asinado este documento, a Brilat dispón dun ano e medio para acondicionar esas novas zonas. Durante estes dezaoito meses, a brigada poderá seguir utilizando estas áreas de adestramento.

«Penso que este convenio e esta resolución favorece aos veciños fundamentalmente, pero tamén aos militares e a os cidadáns de Pontevedra que se van ver beneficiados dunhas cantidades económicas que veñen para a cidade. Polo feito de ter que contratar empresas son cartos que quedan aquí», remarcou Pintos.

Pola súa banda, José Luis López, da comunidade de Vilaboa, recoñeceu que, sendo un «paso importante» o que se viviu onte, a súa comunidade está aínda pendente do recurso que interpuxo Defensa contra a sentenza que lles recoñeceu titulares dos terreos. Dos encontros que mantiveron con representantes de Defensa, interpreta que existe a disposición de que, en setembro, retiren o recurso: «Esperemos que haxa boa disposición por parte deles. Entón si que sería un paso grande e definitivo».

Similar valoración realizou o presidente da outra comunidade de montes que aínda non liquidou os seus litixios, Figueirido. O seu presidente, Constantino Lamoso, asegura que «estamos pendentes deles. Estamos esperando que o retiren -o recurso- para poder cobrar os cartos. Si imos ter que esperar cinco anos, cando cheguen xa non farán falta para nada. Temos esa esperanza», conclúe.


6 comentarios:

  1. ¿ESTE SINVERGÜENZA NO FUE EL QUE NOS LLAMÓ CUATREROS A TODOS LOS GANADEROS? ¿Que pasa, que en función de los que votan a su partido, como hicieron los romanos con Jesucristo, sabe quienes son los buenos y quienes somos los malos? ¿O todo se resume a un cúmulo de favores, a espaldas de los comuneros de Nebra, y no de todos, porque entre ellos también hay varios ganaderos e incluso el cuenta con varios caballos.
    ¿Por qué Axena, no critica este cierre como hizo con Terra Celta: Gandería Ecolóxica, en este caso autorizado legalmente por los comuneros de la comunidad de montes de Baroña, o también Adega?
    ¿Donde están los pasos de los cazadores?
    Ah ¿Y cómo debemos dominar a los que valiéndose de su cargo, ceden los que no es suyo a unos elegidos? ¿APROVECHADOS, CARADURAS?

    ResponderEliminar
  2. Paco, non te mates. Temos o que merecemos.
    Dicir que esta merda de local custou limpalo 16.639 das antigas Pts, solo cabe preguntarse agora que os temos tan de moda, ¿meteron acaso os porcos dentro?
    Pero iso no foi o peor. Segundo algunhas linguas a culpa foi cousa duns señoritos amigos ou familiares do presidente que celebraron nel un evento familiar e claro xente tan fina e de alta alcurnia, non solo aforran os cartos para ir comer a un restaurante como facemos a maioría, se non que por riba de botarlle cara, quixeron que cos cartos que damos para as festas llo deixasen relucente. Igual era para comer no chan como fan nalgúns países.
    Non obstante á comisión estalles ben, xa que escoitar como algúns o defende dicindo que gracias a el fíxose o local, e querer facernos parvos ó resto, xa que por esa regra de tres as obras que se fan no Concello son gracias ó alcalde, e non á conta dos nosos impostos.
    Desde logo a comisión debería explicarnos publicamente e nunha asamblea que hai de certo nisto, e deixarse de tirala pedra e agochala man.

    ResponderEliminar
  3. Quedaros con esta perla: Nordés Porto Do Son Non permitamos que este goberno regale o público. Acude este domingo ás 19:00 horas a Casa de Cultura.
    ¿Quien regala en ahí lo que es vuestro?
    Si che indigna o que está a acontecer coa nosa Praza COMPARTE!!!! Y si te indigna lo que está aconteciendo con vuestro monte TAMBIÉN!!!
    https://www.facebook.com/1508829902699265/photos/a.1508829936032595.1073741825.1508829902699265/1514406595474929/?type=1&theater

    ResponderEliminar
  4. Aida que me doy comentar isto, non nos debería de extrañar o que esta acontencedo en Nebra ca directiva actual, tratanos como si focemos os seus criados, algo moi típico dos señoritos e os vecinos tragamos... can noutras diretivas o presidente era un veciño, nese caso si que portestavamos e opoñiamonos o que nos consederamavos xusto. por moito que nos fastidei o presidente actual so e o reflexo da maneira de comportanos que temos en Nebra respeto o nos entorno. "que recibe o que non merece poucas veces o agradece." . sei que isto so e una queixa e que non vai a solucionar nada, so e para agradecerlle dalgunha maneira os que si protestan......

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén sei que non soluciona nada, mais non por iso vou calar ante esta forma ditatorial e prepotente de diríxala comunidade, algo que nunca vin en xuntas reitoras precedentes. No tocante aos "señoritos", tes moita razón, pero claro como esa xente pódelles facer favores e sacarlles unha multa por un delito ecolóxico, entendese porque baixan a orella.

      Eliminar
    2. ¿De que tes quejas? Aquí el único coherente es Paco que siempre dio la cara y cuando nos advirtió de las pretensiones del señorito, todos le dimos la espalda quedándonos con él. Esto no pasaría si el secretario, la vicepresidenta, la tesorera y los vocales no comulgasen con lo que nos está haciendo. Si fuesen coherentes y nos respetasen, su obligación era presentarle la dimisión y dejarlo solo, porque incluso a ellos los está vacilando.

      Eliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.