sábado, 6 de septiembre de 2014

Accidente evitable

Partindo do principio que o monte comunal non é público, nin os ciclistas non comuneiros teñen dereito a usalo ao seu antollo como se fose un circuíto. Porén tampouco os comuneiros teñen dereito a poñerlles trampas, como parece que foi o caso. Abonda con poñerlles un cartel prohibindo o seu paso monte, salvo se circulan por pistas, que sexa públicas, e se non lles fan caso, que os denuncien.

No tocante ao comentario de mrga6651, que poden ollar entrando na ligazón.
Falando de xestión...
O problema radica cando os comuneiros só queren o monte: 1º.- Para o aproveitamento madeireiro e os seus beneficios económicos. 2º.- Para cazar, sen respectar os camiños e utilizando incluso as armas neles. 3º.- Para beber alcol durante a caza. Eu mesma vino nalgunhas ocasións. E así despois existen accidentes... 4º.- Que se preocupen de limpalos (que é a súa obrigación), para que non nos custen tanto diñeiro a todos apagalos (véxase monte Pindo).


Cando se escribe sen ter remota idea do que é monte comunal pasa isto. Por suposto que o monte está para producir madeira, e a poder ser froitos típicos do bosque, e por suposto que poidamos obter beneficios. Mais produce algo moi importante que pola súa ignorancia parece que descoñece, axuda a previr o efecto invernadoiro, algo do que tamén se beneficia el/a.
Non tódolos comuneiros somos cazadores, nin tódolos cazadores son comuneiros, polo que cumpre que debería saber diferenciarnos. E se ollou esas ilegalidades, o seu deber é denunciar.
No tocante ao lume, ao mellor se non houbese xente tan dada a provocalo, isto seria un verxel.

La Voz de Galicia: Un ciclista sofre unha lesión medular ao caer nunha trampa nun monte de Vigo

Denuncian á comunidade de montes de Valadares polo obstáculo que causou o accidente o pasado xoves

Un home de 38 anos de idade veciño de Vigo tivo un accidente cunhas graves consecuencias ao chocar con unha pedra de grandes dimensións colocada no punto de caída despois dunha rampla de salto no monte Alba. O 112 mobilizou enseguida medios para trasladar á vítima, que inicialmente foi ingresada no Hospital Povisa de Vigo, desde onde foi derivado á unidade de lesionados medulares con sede na Coruña.

A policía local investiga as circunstancias deste suceso e hai presentada unha denuncia contra a comunidade de montes de Valadares. O incidente causou unha gran conmoción entre os deportistas de bicicleta de montaña, que opinan que este accidente non tiña que producirse.

A pedra na que se produciu o choque fatal sempre estivo afastada dun circuíto polo que baixan centos de ciclistas cada semana. O incidente produciuse sobre as sete e media da tarde do xoves pasado. Precisamente ese día unha persoa afeccionada á bicicleta de montaña que vive cerca e que adoita acondicionar o tramo recibiu numerosas mensaxes de ciclistas alertando de que «a comunidade de montes estaba rompendo o circuíto e pondo obstáculos con árbores». O home acudiu a queixarse aos responsables da comunidade de montes e foi nese momento cando recibiu unha chamada telefónica dun amigo informándolle de que ocorrera o accidente.

Segundo fai constar na denuncia ante a policía local, un representante da comunidade de montes ao principio tería recoñecido ter ordenado a colocación de pedras, pero tras coñecer a gravidade do accidente tería eludido calquera responsabilidade.

Este xornal intentou onte sen éxito pórse en contacto cos responsables da comunidade de montes para coñecer a súa versión dos feitos. Ao parecer terían recoñecido ter colocado unhas ramas no circuíto porque non podía pasar un tractor.

Bruno Villar, un deportista que frecuenta a zona, foi a primeira persoa que acudiu a socorrer á vítima e quen avisou ao 112. Supón que esa pedra foi colocada no lugar de xeito premeditado «porque rebentaron toda a baixada do monte Alba». Afirma que esta non é a única trampa que aparece no percorrido e que hai outros puntos onde tamén se colocaron obstáculos que supoñen un verdadeiro perigo.

Os ciclistas e os diferentes clubs de montaña da zona están dispostos a mobilizarse para expresar a súa indignación polo sucedido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.