lunes, 17 de noviembre de 2014

A ver se outros recapacitan!!!

La Voz de Galicia: Condenan a seis meses de cárcere a un sonense por un incendio do 2010 en Xuño

A Audiencia Provincial emitiu unha sentenza que considera a un veciño de Porto do Son autor dun incendio forestal que tivo lugar o 25 de agosto do 2010 na parroquia sonense de Xuño. O fallo condena a este barbancés a unha pena de prisión de medio ano, a pagar unha multa de seis meses cunha cota diaria de cinco euros (con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de prisión por cada dez impagados), e á medida de liberdade vixiada coa obrigación de seguir un tratamento médico externo ou sometemento a control facultativo durante o período de tempo dun ano.

O acusado tamén terá que indemnizar á comunidade de montes de Xuño cun total de 2.873 euros, e á Xunta de Galicia (que presentou a denuncia) con 486 euros, con aplicación dos intereses legais, así como a facer fronte ás costas procesuais.

A sentenza detalla que acusación e defensa alcanzaron un acordo de conformidade ante o imputado.

Sen antecedentes penais

Os feitos que foron probados, e que os axentes encargados do caso incluíron nas dilixencias policiais, revelan que este sonense, de máis de 50 anos e sen antecedentes penais, sobre as 18.00 horas do 25 de agosto do 2010, prendeu lume en seis puntos a ambos os dous lados da pista asfaltada que conduce aos lugares de Foxo e Cabrais, ambos en Xuño. Dous dos focos chegaron a propagarse ata calcinar 7.300 metros cadrados do monte de Ardiza.

As reclamacións económicas da Administración, polo custo de extinción, e da comunidade de montes, polo chan afectado, foron recoñecidas.

Reaccións

O secretario dos comuneiros de Xuño, Manel Santos, explicou esta semana que descoñecían a sentenza, e engadiu que o diñeiro que recibirán «será destinado ao 100% a recuperar a zona de monte que resultou calcinada». Santos engadiu que a Policía Autonómica, que levou a investigación, puido localizar ao sonense condenado grazas a diferentes veciños que o viron na zona pouco antes de que se iniciase a fronte.

O lume arrasou 7.300 metros de monte que son xestionados por comuneiros

O acusado terá que indemnizar á comunidade de montes con 2.873 euros

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.