sábado, 22 de agosto de 2015

Sempre e cando ese dereito non o recorte a xente do seu partido, aí están

O BNG comprométese a seguir defendendo os dereitos das persoas...

Na xuntanza estiveron alén doutras persoas e organizacións, membros da plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza, a presidenta do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galiza Marta Capeáns, a deputada de benestar social e igualdade do goberno da Deputación da Coruña, Ánxela Franco e os edís do BNG Ribeira Pilar Sampedro Laranga e Antón Parada Fernández.

Agora que Ánxela ten un posto de tanta responsabilidade, que por méritos non o conseguiu, pediríalle que fose consecuente cos membros da plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza, e lles explicase como xunto co seu partido me vendeu, por non ter o pedigree do señor Suárez? que tan ben a deixou quedar en Nebra, algo que se confirmou coas risas «seguro que aínda as lembras» no mitin das pasadas eleccións e logo nas urnas, por negarnos o DEREITO de poder celebrar asembleas durante estes DOUS últimos anos. Tamén debería mencionar aos seus compañeiros da Asemblea Local de Ribeira, mais estou seguro que xa están de volta e media.

Porén o que me move a escribir esta entrada non é que levemos 2 anos sen asembleas, diso xa teño escrito abondo, sen moito éxito. A xente xa se «aclimatou» e en Nebra hai pouca memoria.

Alguén que no seu día por querer alcanzar a alcaldía, preferiu calar e mirar para outro lado, cando o seu colega e presidente da comunidade xunto co seu curmá o exconcelleiro de Medio Rural nos DEZAFIUZARON esta propiedade para chantarnos esa pista que non foi aprobada pola Xunta Reitora, nin pola Asemblea Xeral, coido que sexa a persoa máis indicada para xuntarse co citado colectivo. Con eses antecedentes, para min é como poñer a raposa ao coidado das galiñas.

Un dezafiuzamento guste ou non guste, se está avalado por unha sentenza é legal, un «ROUBO», coma o que nos fixeron a nós, XAMAIS, o único camiño que tiñan os Suárez era recorrer á vía expropiadora, claro que neste caso tíñannos que indemnizar e así saíulles gratis. Sabían que de preitear, aínda gañando perderiamos cartos por iso actuaron tan rastreiramente.

É esa a DEMOCRACIA que nos ten reservada o BNG? Onde están para Ánxela os meus DEREITOS?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.