miércoles, 3 de febrero de 2016

Nota da Federación Ecoloxista Galega

Venres 5 de febreiro, 12h, Casa das Campás (Rúa Don Filiberto 9-11), Pontevedra

Presentación do manifesto e da campaña "STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!"

Este venres 5 de febreiro, 21 organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas unímonos para lanzar a campaña "STOP EUCALIPTO, AVANTE CARBALLO!", para chamar a atención sobre a preocupante extensión das plantacións de eucaliptos en Galiza e a necesidade de conservar os nosos hábitats autóctonos. Reclamamos medidas moi concretas para limitar as afeccións do cultivo desta especie e preservar os bosques autóctonos.

A elección de Pontevedra para a presentación desta campaña non é casual: A recente prórroga da concesión de ENCE en Lourizán non só é unha mala noticia para a ría de Pontevedra, senón que ameaza seriamente á biodiversidade de todo o país pola extensión do seu modelo de negocio (pasta de papel, biomasa) baseado no monocultivo do eucalipto.

É o momento de pararlle os pés ao eucalipto!

É o momento de pararlle os pés a ENCE!

No hay comentarios: