martes, 1 de marzo de 2016

Convocatoria 6 de marzo: asemblea xeral, xantar e visita ao bosque

Ridimoas: Asociación cultural e ecolóxica Para a defensa e estudio dos bosques autóctonos.

O vindeiro 6 de marzo ás 11:30 terá lugar a Asemblea Xeral de Ridimoas no IES O Ribeiro de Ribadavia (Ourense) e na que se trataran temas como as actividades para o ano 2016, o informe económico de 2015, o estado do camiño real de Ribadavia a Pontevedra ou o nomeamento de novos membros da Xunta Directiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019.

Despois da asemblea, ás 14:00h, xantaremos no restaurante Oasis cun bo cocido, bo viño, postre e café por un custo de 12€ por persoa. Pregamos ás socias/os que decidan xantar connosco (poden vir amizades e familiares) avisen ata o 3 de marzo ao teléfono 988480062, indicando que é para o xantar en Ridimoas. Tamén poden comunicalo, se así o prefiren, no noso email: asociacion@ridimoas.com ou ben chamando directamente ao restaurante (tlf: 988471613).

Ás 16:00 horas visitaremos o bosque desprazándonos ata a contorna da igrexa de Beade e dende alí faremos a pé o itinerario que nos permitirá andar un tramo do camiño real, ver distintos hábitats de anfibios nas paraxes do Poenxo, Valdasmo, Ridimoas e Picoñas; regresando aos coches pola marxe esquerda do regato a Barbaña, onde se amosarán os dous principais puntos de observación de gaiteiros do xénero Calopteryx.

Recomendan calzado impermeable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.