viernes, 18 de noviembre de 2016

Talan ilegalmente 50 carballos centenarios e unha denuncia veciñal evita que sigan

A desidia administrativa levou onte por diante medio centenar de carballos de máis dun século de vida. A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia paralizou a talla encargada polos propietarios dunha enorme leira na parroquia de Lavadores, pero realizada sen contar co permiso pertinente. A prohibición chegou demasiado tarde. Cando o axente forestal enviado polas autoridades autonómicas chegou ao lugar pasadas as dúas da tarde, a «desfeita» xa estaba consumada.

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: aquí.

En Nebra a desidia do máximo representante da Comunidade evitou que o que roubou ese carballo saíse coa súa, non denunciando a súa tala para quedar ben, aínda que a súa acción e a do infractor fose en contra dos intereses da Comunidade e da natureza.

O carballo despois de sacarlle a foto aínda botou varios días tirado no sitio e aínda que o dano xa estaba feito puidémoslle sacar algo de proveito, e así quen foi non se ría da Xunta Reitora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.